Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

O Entroido dos Xenerais da Ulla segue en Teo este sábado

teo-entroido-slide-16-xaneiro-2024_r

Os Xenerais da Ulla volven un ano máis a encher o Entroido de cor e música o concello de Teo e toda a bisbarra. O pasado domingo comezaron os atranques na parroquia de Oza. As Comparsas, os Xenerais e os Correos seguirán o percorrido este sábado día 31 en Lucí, ás 20.00 horas no campo da festa.

**Todas as actividades de Entroido poden anularse ou variar de data por mor da metereoloxía**

Xa o domingo, 1 de febreiro, será a quenda de Rarís, cuxo atranque tamén está programado para as 20.00 horas no campo da festa. Na fin de semana do 7 e 8 de febreiro, os Xenerais da Ulla desfilarán pola parroquia de Reis. O sábado terán o seu atranque no campo da festa e o domingo no aparcadoiro de Pontevea, ambos os dous ás 19.30 horas da tarde.

A parroquia de Santa María de Teo celebrará o entroido o 14 de febreiro, estando programado o atranque para as 20.00 horas no campo da festa. Ese mesmo día comezarán tamén os desfiles en Cacheiras, cuxos atranques están previstos para o sábado 14 e domingo 15 na explanada do cemiterio ás 19.30 horas da tarde.

O Entroido dos Xenerais Festa de Interese Turístico

O Entroido dos Xenerais da Ulla remonta as súas orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese período: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas.

As personaxes máis importantes son os xenerais e os correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

O Entroido dos Xenerais da Ulla foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013 e celébrase en oito concellos: A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces, os cales colaboran conxuntamente na revitalización e promoción deste evento.

Toda a información e o calendario do Entroido dos Xenerais da Ulla pode consultarse na súa páxina web xeneraisdaulla

Post navigation

Previous: Teo aproba unha modificación non substancial do PXOM
Next: Touro mestura Entroido e música urbana

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.