Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Entroido 2025 en Dodro

dodro entroido slide 26 febreiro 2025

Bisbarra, 26 de febreiro do 2025 – O concello de Dodro abriu este martes a inscrición no festa de disfraces que celebrará o Entroido no pavillón municipal.

A festa celebrarase o vindeiro 4 de marzo no pavillón municipal a partir das cinco da tarde. Unha cita que ademais do concurso terá animación musical, “photocall” e orellas doces ademais de moitas ganas de pasalo ben divertirse.

Categorías e premios

O concurso terá distintas categorías que comezan por dúas de infantil, ata os 6 anos e de 7 a 12. En cada unha o primeiro premio serán 60 €. A continuación está xuvenil, de 13 a 17 anos, que optan a un premio tamén de 60€. A categoría adulta, para máis de 18 anos, terá dous premios de 100 € aos mellores disfraces.

As parellas competirán por un primeiro premio de 150 € e un segundo de 125 €. Os grupos a un primeiro de 300 € e un segundo de 200€. O montante de tódolos premios que se entregarán supera os 1000 euros.

As bases completas foron publicadas no BOP; Boletín Oficial da Provincia, o pasado 18 de febreiro. As inscricións poden realizarse ata o 3 de marzo ás 14:00 horas, no rexistro xeral no concello ou por medio da administración electrónica.

A veciñanza ten máis información chamando ao departamento de cultura de Dodro, no 981802472.

Post navigation

Previous: Val do Dubra acode a Minas para opoñerse ao vertedoiro de Niveiro
Next: Ames e Compostela optarán de novo a fondos europeos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.