Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Teo
  • Xeral

Parolando con Lucía Calvo, alcaldesa de Teo

lucia calvo alcaldesa teo xunho 2025 SLIDE (1)

Lucía Calvo, alcaldesa de Teo:  “os procesos, sei que para a poboación é difícil de comprender, son moi garantistas e garantistas en España equivale a lento [ ] quixeramos ir máis rápido pero evidentemente hai que cumprir coa lei”

No momento no que os gobernos municipais navegan polo ecuador do mandato comezamos unha serie de entrevistas con alcaldes e alcaldesas para coñecer como valoran o camiño andado e o que queda por percorrer.

Comezamos en Teo con Lucía Calvo. Unha alcaldesa do Partido Popular, con maioría absoluta que destaca polos pasos dados arredor de varios dos proxectos prometidos en campaña. Desde o centro de día ao novo centro de saúde, dúas demandas máis necesarias, ou os traballos de recuperación patrimonial non se pode negar que se fixeron cousas e se tomaron medidas.

Lucía Calvo é optimista pero prudente, di que falta moito por facer e non perde a oportunidade de mandar unha crítica aos gobernos anteriores ao falar de “contrarrestar 16 anos de parón”. Calvo en todo caso propón que se revise o feito, as obras realizadas como alo obxectivo.

Todos sabemos que os anuncios políticos non sempre chegan á realidade coa presa que a veciñanza demanda. Como dicíamos os xestos sobre os proxectos están aí pero preguntamos se os tempos son os precisos, se ademais dos anuncios os pasos son cara a diante e coa velocidade precisa.

Lucía Calvo asume que os tempos na administración son lentos pero lembra que tamén son garantistas e que cando se concreten serán cando se valoren. Pon como exemplo que de 18 contratos sen regularizas seis están xa en proceso.

Os plenos municipais non estiveron en este tempo exentos de polémica xa que Lucía Calvo mantén unha actitude que poderíamos definir coma “combativa” en todo momento, disposta a defender o seu traballo e ao seu equipo. Esa actitude, e algún xesto fora de lugar, foi moi criticada pola oposición. Obxectivamente os que lembramos a época de alcaldes como Armando Banco cremos que non hai para tanto pero non é menos certo que os tempos son distintos.

Ao seu favor hai que dicir que desde o Partido Popular certas fontes explican que Lucía Calvo é igual nas reunións do Partido Popular ou con responsables da Xunta. Tamén é moi crítica coa Deputación e pídelle que coide das súas estradas no concello e que faga dunha vez a variante de Cacheiras.

Máis alá de xestos e pasos preguntamos pola realidade. Poñemos sobre a mesa o centro de saúde, o centro de día e vivenda pública para saber cal será o que poderemos tocar ao final da lexislatura, cal será unha realidade; Lucía Calvo nunca se queda nas veiras e asegura que para os tres son unha realidade e engade “son unha certeza”.

Preguntamos tamén polos contratos en precario e os prazos para a regularización. A maior preocupación da alcaldesa de Teo é o do lixo. Recoñece que se tiveron que arranxar cousas no prego de licitación a partir das alegacións pero esperan que nos vindeiros meses quede funcionando.

Lucía Calvo quere tamén mellorar o concello desde un punto de vista urbanístico. Ten a súa propia idea sobre o que quere facer pero asume que en catro anos será imposible. Considera que este é o mandato dos “arranxos” e se a veciñanza lle da a posibilidade de volver a ser alcaldesa poderá aplicarse nun cambio máis profundo de Teo.

Lucía Calvo é unha política que sorprendeu á actual oposición cando gañou as eleccións e cando comezou a gobernar. Poderíase dicir que sorprendeu aínda máis aos seus propios compañeiros de partido xa que máis dun non cría nela. Unha desconfianza que a coloca nun lugar no que a visibilidade e a esixencia existe a parte iguais.

Aínda que non ten nada que ver cun ex alcalde de Teo como Martiño Noriega os dous teñen algo en común. Son dous políticos que se senten cómodos na incerteza e que se crecen ante os ataques. É posible que a  seguridade de Lucía se valore de xeito máis crítico que a que tiña Martiño pero non están tan afastadas.

Dentro de dous anos haberá datos sobre canto hai de boas intencións e canto de resultados no mandato de Lucía Calvo pero a día de hoxe o traballo diario e a presenza ao carón dos veciños en todo o que fan é unha realidade, algo que comeza a ser moi valorado.

Post navigation

Previous: Nin un xullo sen polémica
Next: Rois saca a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, SAF

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.