Toques é un pequeno concello situado á sombra de Melide. Con pouco máis de 1.200 habitantes é o exemplo perfecto do rural afastado das grandes urbes e esquecido por case todo o mundo.
O seu alcalde, Miguel Buján, é unha persoa que coñece esta Galicia profunda moi de cerca. Con máis de 20 anos as costas como funcionario do concello e varios como rexedor sabe das necesidade de Toques mellor que ninguén.
Buján non gusta do despacho prefire a rúa e falar coa xente. Non é só o despacho, o nome de alcalde tampouco lle vai; prefire considerarse un axente social que axude á veciñanza. Falar con él é entrar na realidade do rural de Toques, de Galicia, e máis alá de repasar as distintas áreas de traballo un ten que escoitar e ir acumulando as partes dunha fotografía moi complexa que comeza hai máis de 30 anos
Pese a esta visión tan gris o alcalde non se resigna a ser un “concello de sobreviventes” e cre que hai tempo para dar unha vida digna aos veciños, aínda que eles terán tamén que poñer da súa parte e non resignarse
Con tan poucos habitantes é difícil non preguntar pola fusión de concellos, unha idea moi debate e que de súpeto desapareceu das portadas. Como outros alcaldes con experiencia Miguel Bujan non considera que os concellos sexan o problema; o mal funcionamento, ou a parálise, de outras estruturas como as mancomunidades é que xera situacións de desigualdade nas que as urbes sempre gañan
Quedámonos con esa frase “a realidade está nos servizos”, o problema xurde, en Toques e en moitos pequenos concellos, cando non se comparten e se converten en deficitarios
Preguntamos polas oportunidades que pode traer para o rural a crise actual e volvemos ao centro da cuestión: se non se apoia aos concellos máis pequenos para que poidan dar servizos será difícil que a xente se achegue alí
Entre ese servizos está a conectividade, algo que no rural de Toques é case unha utopía cando hai lugares que nin repetidor de televisión teñen
O corenta por cento do concello de Toques está en zona de Rede Natura. o que podería ser unha oportunidade convertese nun lastre pola falta de apoios aos veciños que viven baixo as restricións impostas por este tipo de espazos
Miguel Buján é teimudo e pese a ofrecer unha realista visión de Toques sempre deixa sitio á esperanza. Unha vez máis da a sensación de que hai dous mundos moi distintos que nunca se chegan a tocar; o da autonomía e as cidades e o dos pobos e aldeas. Buján transmite urxencia cando fala, necesidade, pero tamén que queda tempo si se quere. Agardemos que o escoiten.

