Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas

Entrevista con María Solar, autora de “Os nenos da variola”

Nenos da vaiola_Maria Solar libreria Cronopios_DSC0198 slide 16 febreiro 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 26 de febreiro do 2017 – Quedamos con María Solar nunha céntrica cafetería de Compostela, como boa xornalista enseguida resulta evidente que o café é imprescindible na súa dieta matutina. E doado falar con ela porque gústalle tanto contar como escoitar e desde o primeiro momento contamos e escoitamos.
    • Os nenos da variola

Compostela, 26 de febreiro do 2017 – Quedamos con María Solar nunha céntrica cafetería de Compostela, como boa xornalista enseguida resulta evidente que o café é imprescindible na súa dieta matutina. E doado falar con ela porque gústalle tanto contar como escoitar e desde o primeiro momento contamos e escoitamos.

É licenciada en bioloxía e xornalismo, diplomada en maxisterio e especialista en información ecolóxica e medio ambiental. Foi actriz de dobraxe e traballa na actualidade presentando o magacine da fin de semana na TVG.
Tras os enormes ollos de María Solar agóchanse un montón de mundos, un ten a sensación de que só uns poucos deses universos chegan as páxinas dos seus libros. A primeira historia de ficción, xa tiña escrito libros educativos sobre bioloxía por encarga, chegou ao prelo por casualidade. As veces a vida quítache cousas para darche outras e nun de eses momentos chegou a primeira publicación propia.

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-publiquei-estando-no-paro-febreiro-2017.mp3

María explica que a vida sempre está no que escribe, non a súa pero si os sentimentos que lle provoca

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-conto-sentimentos-febreiro-2017.mp3

Un cae no erro de pensar que a súa faceta de nai a levou a escribir para cativos, a realidade é que segue a ser una cativa á que lle gusta escribir

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-escribir-para-cativos-che-permite-desbarrar-febreiro-2017.mp3

Escribe para todo o mundo, ela conta e o contado marca o tipo de lector, así chegou “As horas roubadas” o primeiro libro para adultos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-o-primeiro-para-adultos-chegou-sen-pensar-febreiro-2017.mp3

É nai e traballa e iso marca moito os tempos. Antes de escribir as ideas pasan un tempo dando voltas pola cabeza e cando comeza a aparecer algo máis concreto tódolos momentos son poucos para sacalo adiante

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-escribo-cando-podo-febreiro-2017.mp3

Os nenos da variola

[columns]

[column size=”1/2″]María Solar vive un momento moi especial. Acaba de publicar “Os nenos da variola”, a historia da primeira vacina do mundo e de como nenos dos hospicios de Madrid, Coruña e Santiago serviron de portadores para que puidera chegar a América. Para María é mais que unha novela, é recoñecer a importancia dunha xesta que quedara esquecida nas páxinas da historia

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-os-nenos-da-variola-mais-que-unha-historia-febreiro-2017.mp3

En esta novela cobra un especial protagonismo Isabel Zendal, unha muller da que só sabemos que embarcou , co seu propio fillo, coa finalidade de coidar dos cativos na viaxe e que nunca volveu

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-a-miseria-e-isabel-zendal-febreiro-2017.mp3

A novela, que se le de xeito moi doado, deixa sen embargo na conciencia un gusto amargo. Nas páxinas de “Os nenos da variola” descubrimos un país cheo de miseria que nos lembra moito a traxedia que hoxe viven os refuxiados. María explica que a simple idea de ter un lugar destinado para deixar aos nenos, como era o torno da inclusa, é tremenda

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-un-mundo-moi-duro-febreiro-2017.mp3

Unha das actividades vinculadas a presentación do libro foi a colocación dunha placa conmemorativa no Hostal dos Reis Católicos, no mesmo espazo no que se atopaba o torno. Era unha débeda pendente que a Compostela acolleu con entusiasmo

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-a-placa-febreiro-2017.mp3

María escribe en galego o que non impide, como algúns pensan, a difusión da obra fora de Galicia

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/02/maria-solar-escribir-en-galego-febreiro-2017.mp3

[/column]

[column size=”1/2″]

Nenos da vaiola_ libreria Cronopios_DSC0176 normal 16 febreiro 2017_r
Presentación do libro na librería Cronopios de Compostela
Nenos da vaiola- placa Hostal_DSC0056 normal 16 febreiro 2017_r
Acto no que se descubreu a placa que lembra aos cativos no Hostal dos Res Católicos

[/column]
[/columns]

María Solar co director do Hostal, Julio Castro e o de Galaxia Francisco Castro diante da placa
Placa situada no Hostal no Lugar no que se situaba a inclusa

Na actualidade María Solar traballa nun libro de xornalismo xunto con Luís Fraga e mentres segue aproveitando os ratos libres para ir pensando novas historias. Quédanlle moitos libros por escribir pero “Os nenos da variola” sempre terá un lugar especial no seu corazón, no noso e no da cidade.

Post navigation

Previous: Homenaxe do concello de Ordes a taekwondista Tania Gándara
Next: IV Trofeo Concello de Ordes de tiro con arco

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.