Ames, 21/08/2016 – Este semana falamos con Pepe Casas, o conserxe de Ventín, sumido nunha polémica laboral desde que o concello firmou a nova relación de postos de traballo (RPT).
Pepe Casas leva en Ventín moito tempo e o apoio da comunidade escolar, profesores, pais e alumnos, é absoluto xa que en pouco tempo xuntáronse máis de 1300 firmas en change.org. Aínda que a nova RPT contempla a posibilidade de que volte ao seu posto na brigada de xardíns un decreto da alcaldía permitíría a súa continuidade en base a permanencia prolongada nun mesmo posto.
A petición de prorroga que no seu día fixo o afectado permítelle tamén retrasar a xubilación ata cinco anos polo que a súa situación parece, en principio, dentro da legalidade.
Entrevistamos a persoaxe para intentar coñecer a persoa que hai detrás.