Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O Enreguéifate 2025 xa ten gañadoras

ENREGUEIFATE GANHADOREAS SLIDE 13 ABRIL 2025

O certame impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo chegou a súa oitava edición batendo récord de participación cun cento de vídeos recibidos.

O Enreguéifate 2025 pechou inscricións cun total de 96 vídeos recibidos de participantes procedentes de máis dunha vintena de concellos galegos. Unha cifra de récord que confirma a boa saúde da regueifa e da improvisación oral.

Como en edicións anteriores, o certame impulsado polos servizos de normalización dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo contou con dúas categorías: unha xeral e outra escolar. Nesta ocasión, eran oito os premios a repartir en cada unha delas: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada, á mellor falada, á máis inclusiva e á máis entroideira. 

O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Bea Vilaverde, técnica do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela; e Lucía Ferro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. 

Estes son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:  

Regueifa mellor cantada: Asociación Cultural Coro Virxe da Renda

Categoría xeral

Regueifa máis brava: Paco Felípez e Oscar García, “Veciños ben levados” (Carballo e Malpica).

Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho, “Video-regueifa atlántica” (Malpica e A Coruña).

Regueifa máis diversa: Escola da Regueifa de Carballo, “A nosa propia melodía” (Carballo).

Regueifa máis reivindicativa: Ministras, “Se nós fósemos ministras” (Pontevedra)

Regueifa mellor falada: ex aequo para Guerreiras regueifeiras, “Cidades galegas” (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, “Vivan as nosas poetas” (Santiago de Compostela).

Regueifa mellor cantada: Asociación Cultural Coro Virxe da Renda, “Cantar e desfrutar” (Poio).

Regueifa máis inclusiva: Teiseiros Regueifeiros, “Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro” (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).

Regueifa máis entroideira: premio deserto.

Categoría escolar 

Regueifa máis brava: Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo) 

Regueifa máis aguda: 6º B Quiroga Palacios, “Regueifa do banquete” (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela).

Regueifa máis diversa: Regueifeiras do Rosalía, “Regueifa pola diversidade” (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela).

Regueifa máis reivindicativa: Regueifeiras do Camballón, “Altri non! Mina non!” (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.

Regueifa mellor falada: A cuarta revolta, “Continuemos co legado” (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños).

Regueifa mellor cantada: Regueifeiras de Dodro, “Emoción ou razón?” (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro)

Regueifa máis inclusiva: Radio Regueifa Inclusiva, “Somos diferentes, somos referentes” (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela).

Regueifa máis entroideira: As Entroideiras, “O Entroido galego” (CEIP San Martiño, Pontevedra).

Gala Enreguéifate – Regueibertso

O 19 de maio, ás 11:30 horas, terá lugar a entrega de premios nunha gala no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento será ademais unha celebración conxunta co Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova.

Xurdido en 2016 dentro do Proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL, o Regueibertso consiste nun intercambio entre alumnado improvisador de Galicia e do País Vasco. Este ano, a convivencia entre escolares regueifeiras e bertsolaris terá lugar en Santiago de Compostela durante a fin de semana das Letras Galegas e concluirá coa participación da rapazada na gala do Enreguéifate – Regueibertso. 

Post navigation

Previous: Comeza en Compostela De Lugares e Órganos
Next: Un galego con 10.000 pegadas máis no dixital

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.