Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ordes

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

O Psoe de Ordes acusan á Xunta de “falta de planificación” por querer conectar unha nova estrada coa N-550 sen coordinarse con ministerio de transportes.

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes

Ordes, 15/05/2026 – O PSOE de Ordes acusa á Xunta de Galicia de “crear un problema onde había unha solución”. Os socialistas explican que ao proxectar a nova Ronda Sur-Oeste sen resolver ca súa conexión coa N-550 xeran un novo problema.  

A portavoz socialista en Ordes, Noelia Rivadas, considera que a Xunta e Concello de Ordes “pretenden descargar agora toda a responsabilidade no Ministerio de Transportes”, cando a resposta do Goberno de España no Congreso dos Deputados deixa claro que a actuación autonómica introduce un novo escenario de tráfico que obriga a reconsiderar o deseño da glorieta prevista na estrada estatal.

O proxecto da Xunta carece de nó de conexión coa N-550

Na resposta parlamentaria á pregunta formulada polo Grupo Popular, o Goberno sinala que o proxecto da Ronda Sur-Oeste de Ordes, redactado e tramitado pola Xunta de Galicia, “non inclúe nó de conexión coa N-550” e que nese punto prevé conectar coa glorieta en redacción por parte do Ministerio de Transportes.

O Executivo tamén precisa que esa glorieta tiña como obxectivo mellorar a seguridade viaria na N-550, pero non contemplaba a conexión futura de novas estradas, como é o caso da ronda autonómica.

“A rotonda comprometida polo Goberno estaba pensada para mellorar a seguridade viaria neste punto da N-550, non para asumir a conexión dunha nova estrada autonómica. Se a Xunta proxecta unha ronda que quere desembocar aí, ten que resolver como se conecta de maneira segura e eficaz coa rede estatal”, sinala a portavoz do PSOE de Ordes.

Noelia Rivadas incide en que a propia resposta do Goberno no Congreso aclara que “o deseño e a adecuada conexión da nova Ronda Sur-Oeste de Ordes co resto de redes viarias doutras administracións corresponde ao promotor da actuación, é dicir, á Xunta de Galicia”.

Para o PSOE local, este é o punto clave do debate. “A Xunta non pode anunciar unha ronda, proxectala ata a N-550 e despois dicir que a conexión é un problema doutros. O máis importante nunha infraestrutura deste tipo é saber como se integra coas vías existentes, como ordena o tráfico e como evita crear novos conflitos dentro do núcleo urbano”, sosteñen.

Os socialistas de Ordes aseguran que o alcalde, José Luis Martínez, “coñece perfectamente esta chapuza na planificación da Xunta, pero prefire confrontar co Goberno de España antes de reclamarlle á Xunta, gobernada polo seu mesmo partido, que asuma a súa responsabilidade de planificar unha estrada tan imporante sen nó de conexión coa N-550.

Con esta actitude de confrontación permanente con todas as institucións que non estean aliñadas co PP, Martínez Sanjurjo perxudica á veciñanza de Ordes”.

Neste sentido, Rivadas advirte de que a conexión da Ronda Sur-Oeste non pode converterse nun novo foco de tráfico desordenado na entrada de Ordes nin agravar os problemas que xa existen na travesía da N-550.

Menos confrontación, máis cooperación

“O núcleo urbano de Ordes xa soporta unha presión de tráfico moi elevada. A N-550 atravesa a vila, condiciona a mobilidade diaria da veciñanza e xera problemas de seguridade viaria. Calquera nova actuación ten que servir para mellorar esa situación, non para complicala aínda máis por falta de planificación”, afirman.

O PSOE de Ordes reclama á Xunta e ao Concello que “deixen de utilizar este asunto como arma de confrontación política contra o Goberno de España” e insisten en que a prioridade debe ser mellorar a seguridade viaria e reducir o impacto do tráfico no centro de Ordes, cunha solución global que teña en conta tanto a N-550 como a futura ronda autonómica.

“Ordes necesita unha solución seria para a N-550 e para ordenar o tráfico no núcleo urbano. Esa solución pasa pola cooperación entre administracións, pero tamén por que cada unha asuma a parte que lle corresponde. Neste caso, a Xunta ten que explicar por que proxectou unha ronda sen incluír o nó de conexión coa estrada estatal”, conclúen.

Post navigation

Previous: A Deputación da Coruña está apoiando aos 93 concellos no proceso de regularización
Next: A LII Festa das Carrozas do San Cidre reúne a centos de persoas no Oural

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.