Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Encontro sobre acollida familiar este sábado en Ames

Acougo inicia unha serie de reunións entre persoas da comunidade do acollida, co fin de compartir dúbidas ou preocupacións.
teo-escola-de-familias-slide-4-xaneiro-2022_r

Ames, 17 de febreiro do 2022 – A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) vai iniciar “Xuntanzas en familia”, unha serie de reunións entre persoas da comunidade do acollida, co fin de compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións.

O primeiro encontro realizarase este sábado 19 de febreiro ás 17.00 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para participar nesta xuntanza sobre acollida familiar, cómpre contactar a Acougo no teléfono 622 672 188, ou ben no enderezo electrónico info@acougo.gal.

O obxectivo de estas reunións é reforzar a comunidade do acollemento e fortalecer esta rede de colaboradoras e colaboradores. En Galicia hai máis de un milleiro de menores en centros residenciais, mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles. As familias de acollida buscan aportar unha solución a este problema, aportando un recurso temporal e revocable, co fin de que os e as menores poidan gozar dunha situación mellor e máis estable

Este primeiro encontro terá lugar no Milladoiro, despois de que Acougo compartira un formulario para solicitar datos ás persoas interesadas en participar nestas xuntanzas, para así poder escoller localizacións, horarios e datas que se adaptasen favorablemente á maior cantidade de xente.

Para participar nesta xuntanza, débese contactar con Acougo, a través do número de teléfono 622 672 188 ou do enderezo electrónico info@acougo.gal.

Post navigation

Previous: Hoxe podes chatear cunha astrónoma
Next: O Caldo de Gloria de Rosalía servirase en 200 lugares de todo o país

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.