Santiago de Compostela, 12 de decembro do 2016 – O pasado sábado 10 de decembro a asociación de familias de menores trans de Galicia, ARELAS , celebrou en Santiago de Compostela,un encontro para celebrar o éxito logrado co cambio legal de sexo e nome de Pablo, o primeiro menor trans en Galicia, sendo a terceira autonomía de España que consigue este logro tan importante.
No mesmo encontro, fíxose un acto de agradecemento e recoñecemento a Doña Carmen Fernández Morante profesora e Decana da Universidade das Ciencias da Educación da USC polo seu amplio traballo a favor da diversidade a través da organización de xornadas e obradoiros en distintas universidades, colaboración no Protocolo educativo sobre Identidade de Xénero, e asesoramento na futura Lei Galega de Identidade de Xénero.
O mesmo día realizamos un obradoiro para pais e nais no centro Sociocultural de Fontiñas, e o mesmo tempo os máis pequenxs disfrutaron dunhas sesión de xogos de escape no Salón The Pradox Room (área Central).
Sin duda foi un día moi intenso onde reencontranos, celebrar e agradecer por tanto logros acadados no colectivo de menore trans neste ano 2016.