Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

29 empresas de economía social beneficiaranse en Compostela das axudas do concello

A empresa do SAF en Compostela retrasa a paga da extra de xullo e o xustifica con problemas de tesourería

Están dentro do tecido empresarial da cidade pero as veces pasa desapercibido o modelo de empresa que usan. As empresas de economía social usan alternativas máis humanas e cunha rendemento máis xusto.

A concellaría de Dereitos e Servizos Sociais de Compostela destinará case 115.000 euros a 29 empresas de economía social. O obxectivo  é consolidar e manter este tipo de entidades. Negocios como cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción.

Como na convocatoria anterior, valorouse especialmente a presenza de mulleres e de persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión nas empresas beneficiarias. Na convocatoria resultaron beneficiarias 7 entidades máis que na anterior.

Volve medrar tamén o orzamento total destinado ás axudas, que se achega aos 115.000 euros, 5.000 euros máis que na pasada convocatoria, e 28.000 euros máis que na convocatoria de 2023.

As entidades beneficiarias atenden a diferentes modelos de economía social e tamén a diferentes sectores produtivos. Así, recibirán a axuda Arroupa Santiago, Compostela Inserta, Flying Fun, Asitecno, Miraxe, Cidadanía, Feitoría Verde, Lirio Media, Urdime, Almazen de Yoga, e Rostros y Mas.

Tamén resultaron beneficiarios na convocatoria Entrelampo, Maos Innovación Social, Culturactiva, Salgueiriños de Consumo, 7H, ASPAS Emprego, Nave de Lata, Illa Bufarda, Obregon y Arias, Arabias, Sacauntos e A Casa da Quenlla.

Por último, completan a lista de entidades beneficiarias nesta convocatoria a Asociación Compostelá de Autotaxi, Rayados, Comunidade Creativa, Artefacto Producións, Abeluria e Numax.

Post navigation

Previous: Critican a incorporación de Serra do Barbanza a SOGAMA
Next: Charla en Silleda sobre a depresión

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.