Santa Comba, 9 de setembro do 2019 – A Asociación de Empresarios de Santa Comba en colaboración co Concello organiza un curso de informática sobre facturación electrónica, certificado dixital e trámites coa administración.
Este curso de administración electrónica terá lugar na aula CEMIT do edificio multiusos en horario de 20 a 22 h, os días 16, 18, 23 e 25 de setembro. É de carácter gratuíto e as prazas xa están cubertas aínda que se prevé que máis para adiante se poida realizar outro grupo dependendo da demanda.
Roteiro de plantas silvestres
A Asociación de Empresarios, xunto a Asociación Costavales, organiza tamén un roteiro de plantas silvestres para o domingo 29 de setembro. A duración estimada é de tres horas, e a saída será as 11 da mañá dende o edificio multiusos. Oroteiro está dirixido por César Lema Costa, doutor en bioloxía, e consistirá na identificación e recolleita de plantas silvestres con distintos usos, os medicinais entre eles. O prezo do roteiro e voluntario.
Do campo a cociña
Xa pola tarde, e como complemento ao roteiro, terá lugar un obradoiro de cociña silvestre de catro a sete. Será impartido por Patricia Puga, experta en alimentación e cosmética natural. O prezo en este caso é de 25 euros.
Inscricións
Para asistir ao roteiro e obradoiro é necesario inscribirse previamente xa que hai prazas limitadas. pódeno facer a través do correo electrónico correo@empresariosdesantacomba.com, no teléfono 981818604 en horario de mañá ou por whatsapp ao 633181817.