Bisbarra, 5 de setembro do 2022 – A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, AECA, organiza unha unha festa de animación infantil pola volta ao cole.
A cita será o vindeiro sábado dez de setembro. Os empresarios da comarca de Arzúa teñen como obxecto que o evento dinamice o comercio local e motive ás familias a consumir nos comercios asociados.
A festa de animación infantil contará con diferentes actividades como inchables, maquillaxe, un carriño doce e animación musical para todos os que participen. As compras premiaranse tamén coa entrega de agasallos como mochilas promocionais.
A festa dos empresarios celebrarase no recinto do Multiúsos Terra do Queixo, onde terán acceso tódalas familias que merquen nalgún comercio pertencente a AECA, e que presenten 1 tícket de gasto por neno/a e por importe mínimo de 20€, con data comprendida do 1 ao 10 de setembro.
Aos nenos que acrediten ese gasto no CCA Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial pertencente á Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, entregaráselles unha pulseira identificativa no acceso ao recinto do Multiúsos, coa cal poderán desfrutar de tódalas actividades, e ademais se lles entregará como agasallo unha mochila da AECA.
O obxectivo da campaña é premiar ás familias que preparen a volta ao cole co comercio local e visibilizar as vantaxes de mercar no pequeno comercio. Buscase promocionar as tendas con actividades comerciais vinculadas á venta de material escolar, informático, deportivo, de equipación persoal para nenos ou xovés, e de calquera outro tipo.
O obxectivo é posicionar aos comercios locais como a mellor opción de compra fronte ás grandes superficies ou a venda online.