Pode soar estraño pero, en certo modo, o sistema de extracción de mineral que emprega Erimsa é un modo de reciclar a terra.
A empresa naceu en 1980 e na actualidade ten 4 plantas en Begonte (Lugo), Frades, Castillo (Pontevedra) e Bóveda del Río Almar (Salamanca), centros de traballo nos que se desenvolveu, ao longo deste tempo, un método sustentable de extracción de cuarzo. A empresa viu recompensado este esforzo pola innovación co 1º Premio de Desenvolvemento Sustentable na categoría de Medio Ambiente – Boas Prácticas Ambientais 2015 pola Federación Española de Áridos e foi seleccionada para os Premios Europeos da Unión Europea de Produtores de Áridos 2016. O compromiso de Erimsa concrétase anualmente na publicación dun informe ambiental sobre o traballo realizado.
O método desenvolvido por Erimsa, para a extracción do cuarzo nas leiras, leva unha minuciosidade que non aparenta; é compatible coa actividade gandeira, agrícola e forestal e páctase sempre cos propietarios dos terreos as condicións do aluguer devolvéndollos no menor tempo posible. A satisfacción é completa xa que, non só sácaselle un rendemento económico á terra, se non que esta queda en mellores condicións para ser traballada ao eliminarse toda a roca.
O primeiro traballo que se leva a cabo na finca é a extracción da capa vexetal co máximo coidado xa que ao final recupérase o terreo con esa mesma terra. O seguinte proceso é o de cribado que non supera nunca o metro e medio de profundidade, realízase en condicións meteorolóxicas favorables e nunca se traballa en máis de 2 hectáreas ao mesmo tempo; á vez que se criba a roca, que se levará á planta para ser tratada, devólvese ao chan a terra da que se extrae. Finalmente, unha vez obtido todo o mineral, se chaira o terreo e cóbrese de novo coa terra que forma o manto vexetal apartada na primeira fase. Con este proceso non se altera o uso da terra e mantense, en moitos casos mesmo se mellora, a súa produtividade.
A terra pode ser máis beneficiosa do que se ve na primeira ollada. Pode conter minerais necesarios no presente e para o futuro. O cuarzo é un mineral composto de sílice, clave para o desenvolvemento tecnolóxico con múltiples aplicacións. O descubrimento de novos usos favoreceu interesantes avances en I+D+i, como os chips de silicio para computadores, teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos de consumo. Os últimos avances en innovación tecnolóxica son empregados pola compañía nos diferentes procesos para unha maior eficiencia, como os modernos equipos de selección óptica utilizados na fase de selección do cuarzo.
Un exemplo máis do compromiso ambiental de Erimsa é a creación dun complexo lagunar en Begonte de gran riqueza paisaxística e cunha gran biodiversidade, que permitiu a súa inclusión na Rede Natura. A compañía realizo o proxecto “Begonte Natura – Ecoparque Lagoas de Riocaldo” para promocionar, a nivel nacional e autonómico, o Concello de Begonte como un destino turístico ambiental.
Erimsa ten ademais un compromiso co emprego xa que nos seus centros traballan 235 operarios e na contorna das plantas creceron distintas empresas de servizos auxiliares. Outro dos obxectivos é os 0 accidentes que se persegue integrando a prevención no proceso produtivo, buscando o compromiso en todos os niveis da empresa e mellorando continuamente as condicións de traballo e da formación dos empregados.
A empresa conseguiu cambiar, naqueles lugares nos que desenvolve a súa actividade pero tamén no seu sector, o tópico da extracción de mineral invasiva e destrutora. Os seus procesos de traballo e a innovación constante converten a Erimsa no modelo para seguir no sector da minería e, abrigo, na integración das empresas coa súa contorna e co medioambente.
O director da pranta de Frades, Florencio Quiró, explicábanos a importancia de ser conscientes do entorno no que se traballa “non podemos perder a perspectiva de que se trata dunha zona agrícola e gandeira, polo tanto a principal fonte de ingresos son eses sectores e nos o que temos que facer e convivir con eles; temos que realizar o noso traballo, a extracción do cuarzo, que por outra parte aporta outros beneficios a sociedade en xeral xa que está presente en moitas das cousas que usamos, e o mesmo tempo respectar esas actividades principais da zona”.
Hai sectores onde a modernización e sempre ben recibida polo escaso das novidades, as explotacións lácteas son un deles e o benestar dos animais supón sempre unha mellora da produción. O lugar no que as vacas permanecen entre 12 e 14 horas é un dos mais importantes e aí tamén ten moito que dicir Erimsa.
Como xa comentamos a empresa retira a capa vexetal que unha vez limpa volve a terra. Do material extraído saen distintos compoñentes para distintos usos pero no caso das explotacións gandeiras úsase a area de sílice, un material cunha baixa capacidade de absorción de auga e unha gran capacidade drenante. Este material é sometido a un proceso de lavado e refinado no que se extrae a arxila co que se evita o apelmazamento; hai que dicir que o 95% da auga que se usa para esta limpeza do material é reciclada e usase de novo na cadea. O resultado é un produto de partículas finas e redondeadas, de maior suavidade e comodidade, que garante unha cama branda, confortable e moldeable para os animais.
Os veterinarios aconsellan o uso das areas de sílice Q Bed por tratarse dun material inorgánico con elevada capacidade drenante, que garante camas limpas, secas e brandas, impedindo a proliferación de microorganismos que transmiten enfermidades e incidindo directamente na produtividade dos animais. Por poñer un exemplo a mamitis terá unha incidencia moito menor na explotación xa que non existirá materia orgánica da que se podan alimentar os microorganismos.
As explotacións tamén saen beneficiadas na parte económica xa que o seu prezo, por debaixo de 9 euros a tonelada, e moi asequible. Unha granxa de 300 vacas ven a utilizar unhas 75 toneladas o mes, gañando tamén tempo e con menos esforzo pola facilidade da súa aplicación.
Erimsa produce 60.000 toneladas anuais de este tipo de arena, entre maio e outubro realiza as labores de extracción e acumula material para refinar o resto do ano. As súas instalacións están situadas no concello de Frades. Ademais do compromiso co medio, a compañía aposta pola sostibilidade e a estabilidade no emprego xerando riqueza no ámbito a través de investimentos, creación de postos de traballo directos e indirectos e contratación de empresas de servizos auxiliares. Así mesmo, aplica unha filosofía de “0 accidentes”, desenvolvendo todas as súas operacións co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde dos seus traballadores.
Na actualidade o redor de 50.000 vacas en toda Galicia usan as camas de area Q Bed pola recomendación dos veterinarios pero tamén porque os gandeiros comprobaron de primeira man os beneficios que aporta.