Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Plan de Emprego Xuvenil de Compostela recibe un millón e medio de fondos europeos

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 24 de xullo do 2017 – A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, anunciou este venres que o Concello de Santiago vén de recibir unha subvención europea por importe de 1,5 millóns de euros que permitirá levar a cabo o Plan de Emprego Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con Emprego”.
    • Case 400 mozos e mozas

Compostela, 24 de xullo do 2017 – A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, anunciou este venres que o Concello de Santiago vén de recibir unha subvención europea por importe de 1,5 millóns de euros que permitirá levar a cabo o Plan de Emprego Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con Emprego”.

SONY DSC

Tal e como explicou Marta Lois, este programa “consta de 19 itinerarios profesionais de inserción cuxa formación está asociada a un certificado de profesionalidade. Na elección dos itinerarios tomouse en consideración o sector produtivo comarcal e os perfís profesionais máis demandados e necesarios”. Para a concelleira “é salientable que sexamos o terceiro concello do Estado que máis fondos recibe para este programa e o primeiro de Galicia. Ademais, é a contía máis alta que recibe o Concello dende a existencia deste programa (2004)”.

Todas as persoas novas participantes no Plan de Emprego Xuvenil realizarán un itinerario formativo e laboral personalizado, que lle permitirá adquirir a cualificación profesional requirida para lograr un emprego de calidade. Realizarán prácticas profesionais, non laborais, coas que mellorarán as súas competencias persoais e habilidades sociais.

Durante todo o programa, dispoñerán dun acompañamento personalizado de asesoramento e deseño das accións máis adecuadas para mellorar a súa empregabilidade, axudándoo a construír o seu propio itinerario, a trazar o camiño que debe percorrer, a recoñecer as súas expectativas e reconstruílas. Para iso realizarase un itinerario personalizado de inserción a cada unha das persoas beneficiarias.

Case 400 mozos e mozas

Este Plan de Emprego Xuvenil, que leva por nome “Mocidade con Emprego” permitirá que 380 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de Compostela estean máis preto de acadar un emprego de calidade. Por iso realizarán actividades relacionadas coa eficiencia no uso de auga en edificios, viabilidade de instalacións solares, certificación enerxética, actividades de comercio, xestión de repoboacións forestais e un longo etcétera.

A bolsa que recibirán os mozos e mozas ascende a 426 euros ao mes durante seis meses.

Post navigation

Previous: Miguel Mera do CC Padronés vencedor do VI Txuma Internacional de Cadetes
Next: O Festigal comeza cunha noite de Troula

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.