займ срочно

Empate para o Santiago Futsal ante o Elche e derrota do Noia Portus Apostoli ante o Barça

0

Bisbarra, 18 de febreiro do 2019 – Non foi a mellor fin de semana para os equipos da bisbarra na segunda nacional de futsal, o Santiago so tirou un empate do encontro ante o Elche e o Noia, que loitou todo o tempo, non conseguiu dobregar ao Barcelona.

Empate ante o Axa Fita  Port Elche

O partido en Santa Isabel comezou axustado con ambos os conxuntos presionando cada balón. No 14 Everton conseguiu finalizar unha estupenda volea nunha xogada de estratexia desde o córner. Tan só un minuto despois e de falta directa,  Christian Chao conseguiu aumentar a vantaxe ao bater a media altura a Rafa case desde a distancia de sete metros.

Os locais fóronse cun 2-0 ao descanso e ao renovarse o encontro os  dous equipos seguiron intercambiando golpes, ata que os ilicitanos comezaron a empuxar co obxectivo de darlle a volta ao marcador, o que conseguiron en menos de dous minutos.

Un saque de córner  directo con mala fortuna para Álex  Pérez, e os dous seguintes de Adrián e  Rubi puxeron aos do Elche por diante, algo que parecía imposible minutos atrás.

No minuto 36, de novo  Christian Chao puxo o empate no marcador e os santiagueses tiveron oportunidade de levar o partido grazas ao porteiro xogador, pero non houbo tempo para máis.

O Noia o fixo todo ben ante o Barça Lassa B pero non chegou

Comezaba apertando o Noia nos minutos iniciais cunha boa oportunidade de Dani Colorado de romper a saca cun tiro a segundo pau. A incorporación do visitante Povill a cancha supón o primeiro do Barcelona tras unha xogada a balón parado desde a esquina do córner. Corría o minuto 8 e lucía un 0-1 no marcador.

Coa desvantaxe dun gol, o bloque galego non viría abaixo  embestindo a portería catalá, pero en ocasións a madeira e noutras a falta de puntería condenarían aos galegos a non estrear o marcador na primeira parte. Si atinaba Nill nunha chegada á portería de  Brais nun bo contraataque no minuto 12. Os últimos minutos deste primeiro acto tería moitas máis ocasións o Noia para recortar distancias pero con todo o luminoso non cambiaría de  díxitos.

Tras o paso por vestiarios a historia repetíase. De novo eran os noieses que chegaban primeiros e con perigo á portería pero serían os  cataláns quen, na súa primeira chegada, conseguirían un novo tanto, nesta ocasión de  Rufino que subiría o terceiro da tarde no 24.

No 27 a máis clara deste segundo acto teríaa  Sergio  Quilez que chega ao segundo pau controla o esférico co peito e váiselle alta coa portería baleira.Como quen a segue conséguea no 28 sería o propio  Quilez quen rompería a saca para os seus cun gol que arrincou os aplausos da afección alí presente.

No 30 sería  Khalid quen rompería definitivamente o encontro cun gol dunha xogada a balón parado. 1-4  rezaba o luminoso do Agustín  Mourís que presenciaba como corrían os minutos en contra do Noia. Aínda co partido practicamente sentenciado os locais non baixarían os brazos. Buscaban a sorte de fronte ao gol  Javaloy, Antoñito e Pizarro pero o esférico caprichoso negábase a entrar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies