Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón

Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro presentan Rosalía cantada

O Auditorio da Casa Museo de rosalía acolle o día 26, 19 horas, a presentación do disco Rosalía cantada de Eliseu Mera e Candido cabaleiro
rosalia-cantada-slide-17-marzo-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Padrón, 17 de marzo do 2021 – O Auditorio da Casa Museo de rosalía acolle o día 26, 19 horas, a presentación do disco Rosalía cantada.
    • Rosalía música
    • Gravación no Auditorio de Galicia
    • Intérpretes:

Padrón, 17 de marzo do 2021 – O Auditorio da Casa Museo de rosalía acolle o día 26, 19 horas, a presentación do disco Rosalía cantada.

Este traballo de Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro está publicado pola  Fundación Rosalía de Castro. En el inclúense pezas de compositores clásicos e contemporáneos como Xoán Montes, Xosé Baldomir, Antón García Abril, Juan Durán, Octavio Vázquez e Fernando Buide aos que se engaden os poemas de Rosalía.

Por mor das restriccións da Covid 19 só poderá asistir un 30% do aforo (reservas en fundacionrosaliadecastro@gmail.com). O disco xa está dispoñible en plataformas dixitais como Spotify ou iTunes, entre outras.

Rosalía música

A relación de Rosalía de Castro coa música vai alén da sonoridade das suas poesías, pois era unha persoa con formación musical, que -segundo nos conta Murguía- tocaba varios instrumentos e que mesmo titulou un manifesto cun nome tan musical como “Lieders”.

O obxectivo deste proxecto é reunir e poñer a disposición do público galego (e non só) a obra musical creada a partir dos poemas rosalianos, sobre todo no caso da música clásica, dado que a maioría das pezas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa.

A súa poesía foi escollida polos principais compositores galegos de música culta para ser convertida en cancións. Moitas destas creacións, como a “Negra sombra” de Montes ou o “Maio longo” de Baldomir, chegaron ao público por versións de intérpretes pop ou folk, o cal contribuíu inmenso á sua difusión, mais ocultou a sua natureza orxinaria.

As pezas incluídas neste proxecto (CD1) pertencen ao que se coñece como lied ou canción culta, unha forma escrita para voz e para piano, que procura unha íntima unión entre música e poesia. Naceu no que hoxe se coñece como Alemaña e Austria na segunda metade do XVIII, e extendeuse por toda a Europa romántica chegando a Galicia, onde autores como Marcial del Adalid (1826-1881) ou Xoán Montes (1840-1999) situaron a música galega na vangarda do que se estaba a facer no resto no continente.

Esta forma musical, a canción culta ou lied, continuou a ser cultivada por compositores e compositoras do noso país até a actualidade, sendo Rosalía de Castro un referente tan importante como Rückert ou Heine para o lied alemán ou Verlaine para a mélodie francesa. Infelizmente, a maior parte destas pezas rosalianas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa, de aí a importancia desta gravación.

Gravación no Auditorio de Galicia

‘Rosalía Cantada’ (vol. 1 Música clásica) foi gravado en directo o pasado 14 de novembro no Auditorio de Galicia, da man do enxeñeiro de son Pablo Barreiro. Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, e contou coa colaboración do Concello de Santiago, o Concello de Valga e a Radio Galega.

Intérpretes:

Eliseu Mera (Barítono)

Iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de Ourense, onde completou o Grao Profesional de Guitarra. Logo ingresaría nos conservatorios superiores de Vigo e da Coruña para estudar canto co tenor José Antonio Campo e co barítono Antón de Santiago.

Representou óperas e zarzuelas coma La serva padrona, Dido and Aeneas (Aeneas) de Henry Purcell, Le nozze di Figaro, Così fan tutte, Rita, Lucrezia Borgia, Rigoletto, El barberillo de Lavapiés, Madama Butterfly, Il segreto di Susanna, The Telephone ou The four note opera. Cantou tamén como solista outras obras como os Requiem de Wolfgang A. Mozart e de Gabriel Fauré, o Stabat Mater de Nicolás Ledesma, o Te Deum de M.A. Charpentier ou Carmina Burana de Carl Orff.

Cándido Cabaleiro (Piano)

Estudou Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde rematou o grao superior. Recibe clases da  profesora Vladimira Smausova ao tempo que remata a Diplomatura de Mestre de Educación Musical pola Universidade de Vigo. Ten feito cursos de pedagoxía e clases maxistrais con Ludovica Mosca, Rita Wagner, Eulalia Solé, Arpad Bodó, Manel Rodeiro, Emilio Molina, Charles Rosen, Sofía López Ibor, Violeta H. de Gainza, Doug Goodking, Patxi del Campo, Jos Wuytack,  Susa Herrera, J.Faller, C.H.Joubert, Wolfram Rieger ou Eduardo Requejo. No 2000 e 2001 imparte cursos de extensión Universitaria para a Universidade de Vigo.

Como intérprete ten actuado con formacións diversas que van dende coros polifónicos pasando pola Orquestra Clásica de Vigo, Ensemble de cordas 430, Cuarteto Caramuxo, o Coro de Cámara “A Laranxa” ou o grupo de música antiga E-Ultreia. No 2005 e 2006 Pianista acompañante dos cursos de técnica vocal organizados por Camerata Ad Libitum. Canto ao repertorio vocal ten traballado coas sopranos Raquel Sestelo, Mónica de Nut e Beatriz Riobó, co tenor Enrique A. Martínez e co barítono Eliseu Mera.

Post navigation

Previous: Wayne  Marshall e Gershwin  coa Real  Filharmonía de Galicia
Next: Ames licita melloras nos accesos e interiores en Firmistáns, na parroquia de Bugallido

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.