Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Reportaxes
  • Touro
  • Xeral

Pazo de Andeade, A casa grande

_007Pazo Andeade ToDSC_0346_portada

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©

En outubro do 2014, no número 17 do xornal en papel, publicabamos unha pequena reportaxe sobre o Pazo de Andeade que dirixía Elena Vázquez.

Hoxe coñecemos o seu pasamento e a lembramos no seu Pazo pero tamén na constante loita contra a mina, nas manifestacións, nas protestas por outras causas, sempre presente e sempre viva e así a queremos lembrar.

Serva a recuperación de esta reportaxe para a web coma homenaxe a Elena, que a terra che sexa leve !!


Outubro 2014 – Os pazos e monumentos polos que pasea Lindeiros teñen cada un a súa propia personalidade, do romanticismo do Faramello á grandiosidade do Hostal ou o ambiente doutro mundo do Pazo de Ortigueira. Este mes achegámonos ao primeiro no que un séntese en casa, en familia.

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©

O Pazo de Andeade en Touro construíuse no século XVIII ao casar D. Pedro Antonio Verea e Pacheco e  Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa, a súa construción foi unha das condicións impostas polas respectivas familias na dote matrimonial.

Na actualidade rexéntano dúas xeracións de descendentes directos daquel matrimonio,  Benito Vázquez Permuy e a súa filla Elena Vázquez. É Benito quen comeza por contarnos as obrigacións daquel acordo “as familias marcaron non só o lugar exacto onde se tiña que construír se non tamén a obrigación de dotar á propiedade coa vinculación das dúas casas de familia previas por medio do seu correspondente escribanía de número (o equivalente ás nosas escrituras de propiedade), fixáronse as rendas para a igrexa xa que un tío da muller era párroco, e se construíu unha capela sobre a que se estableceu a que hoxe se pode ver”.

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©
Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©
Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©
Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©

O Pazo non sufriu variacións ao longo dos séculos, só ampliacións en determinadas zonas a medida que quedaba pequeno pero a estrutura principal mantense como en 1480 talvez porque nunca se viviu nel de forma permanente. Algo que mudou cando se converteu en aloxamento rural “a xente deste Pazo practicamente nunca viviu nel, vivía en épocas determinadas, vacacións, colleitas ou cando se xubilaban xa que a maioría dos propietarios foron maxistrados”. En moitos dos documentos que se conservan unha das obrigacións que se repite para poder herdar a propiedade é ter polo menos unha licenciatura. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro; os antepasados máis recentes estiveron ademais emparentados por distintas cuestións con Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro.

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©
Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©
Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros ©

Benito Vázquez intentou sen éxito dedicar a propiedade a crear unha cooperativa gandeira “empecei coa idea de explotar os terreos, por tres veces cheguei a ter chaira unha zona para as naves pero non houbo maneira de que outros gandeiros se implicasen xa que entendían o traballar fóra da súa propia casa como algo estraño”.

Foi entón cando se decidiron a iniciar unha andaina vinculada ao turismo rural que se viu beneficiada pola súa proximidade ao camiño de Santiago e á variante coñecida como “Ruta dos Holandeses”.

Benito asegura sentirse moi contento coa decisión tomada “estamos a ter moita xente aínda que tamén hei de dicir que desgraciadamente  na súa maioría estranxeiros, suramericanos, americanos, outros chegados de Nova Zelandia ou Australia”.

Na casa principal segue vivindo a familia propietaria excepto nunha das habitacións como nos conta Elena Vázquez “reformamos as antigas caballerizas e convertémolas en 9 habitacións pero ademais mantemos na casa principal unha especie de suite que é máis ampla e que conta con cheminea e solaina”.

Realizan tamén eventos e buscan sempre distinguirse no que poden ofrecer ás parellas “na próxima voda contratamos un servizo de cetraría para que dean unha exhibición aos invitados pero ademais unha das aves será a encargada de chegar coas alianzas no pico”.

A Casa Grande de Andeade, O Pazo, é un lugar ao que escapar en calquera momento coa seguridade de que un será ben recibido, de que ten unha segunda casa de familia á que acudir se se necesita desconectar, de que neste mundo de velocidade incontrolada algo segue coa mesma paz que hai 500 anos.

Post navigation

Previous: Mercamelide na Rúa
Next: Moción de censura en Touro

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.