Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023

Eleccións 23: pegada de saída

A pasada noite foi a saída oficial a unha campaña que nas última semana non se distinguía da precampaña e que chegará ata o 26 de maio.
Pegada-eleccions-28-maio-slide-12-maio-2022_r

Eleccións 23, 12 de maio – Aínda que como contabamos onte algúns xa comezaron a pegada con tempo dabondo, a pasada noite foi a saída oficial a unha campaña que nas última semana non se distinguía da precampaña.

Mentres a maioría manteñen a tradición do cubo e a brocha, outros optan por modernos paneis para descubrir a foto do candidato. En Compostela a zona vella foi o espazo elixido polos candidatos para a pegada estando os catro principais a cinco minutos uns de outros.

O Psoe organizou o acto na praza de Mazarelos. Xosé Sánchez Bugallo estivo acompañado polo ministro de sanidade, José Miñones, e o Secretario Xeral do partido en Galicia, Valentín González.   Bugallo dixo ir a por todas e engadiu que “Despois de catro anos tan duros, con pandemia e guerra polo medio, temos os mellores datos de emprego, os maiores niveis de renda, a maior afluencia de visitantes na cidade e vivimos a máis grande expansión de solo industrial dos últimos tempos” e agora “queremos máis, prepararnos para a gran transformación”

O Partido Popular organizou o acto na Praza do Obradoiro, na escalinata que baixa cara a rúa de Raxoi. Borja Verea chegou co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Secretaria do Partido, Paula Prado. Verea lembrou durante a presentación da súa candidatura que “hoxe todo o mundo sabe que solo hai dúas opcións: ou un goberno en forma de tripartito perdedor; ou un goberno de futuro, o noso, para levar Santiago ao século XXI”.

Psoe
PP
BNG
Compostela Aberta

Compostela Aberta preparou un espazo nas Casas Reais, nun lateral da súa sede electoral. María Rozas estivo acompañada por Martiño Noriega e dixo que  “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”. Rozas engadiu que se trata “da candidatura da xente que non entende a política sen escoitar e ir da man dunha veciñanza que se sente esquecida e apartada”.

PP Ames
Espazo Común Ames
BNG Ames
Psoe Ames

Finalmente o BNG estivo na praza do Toural. Oreti Sanmartín estivo acompañada por Ana Pontón e dixo que o BNG de Compostela “vai ter un resultado histórico este 28M e faremos realidade conseguir o apoio necesario para gobernar desde a Alcaldía e mudar o gris que envolve o concello nun arco da vella de cores de compromiso e de transformación”.

Expediente da Xunta electoral ao BNG de Teo

Si onte contabamos que o BNG de Teo comezara a poñer carteles hoxe engadimos que algúns deles levaban a cara do candidato e o lema electoral. A Xuta electoral enviou onte unha comunicación na que ordena a retirada de todo o colocado e abre un expediente que pode rematar cunha sanción económica.

Proxecto Común Teo
PP Teo
Psoe Teo
BNG Teo

Post navigation

Previous: Compostela e Deputación avanzan na Vía Verde
Next: Máis de 2000 persoas na Festa da troita de Oroso

Máis novas

eleccions slide 2
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: Resumo da xornada electoral na bisbarra e voces dos protagonistas

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r
2 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa

Publi Eleccions 23 _medio web_maio 2023
3 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: xornada electoral

eleccions-slide-4_r
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: todo vale?

compostela-aberta-acto-central-slide-24-maio-2023_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

Debate-electoral-SER-slide-23-maio-2023_111013_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23, debate sobre debates

5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

5-preguntas-Ames-slide-17-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.