Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Compostela
  • eleccions 2023
  • Oroso
  • Teo
  • Xeral

Eleccións 23: os partidos apuran os días para formar as listas

As eleccións están cada vez máis cerca e os partidos aceleran o ritmo para chegar á campaña con todo definido e centrarse na difusión.
eleccions-23-cambio-de-candidatos-slide-27-febreiro-2023_r

Eleccións 23, 17 abril – As eleccións do 28 de maio están cada vez máis cerca e os partidos aceleran o ritmo para chegar á campaña con todo definido e centrarse na difusión.

Nos últimos días imos coñecendo as listas dos partidos de cara ás eleccións. O concello de Ames chega aos comicios con variadas opcións nos espectros ideolóxicos. Tanto o votante de esquerdas como o de dereitas verase obrigado a pensar moito o que fai.

Ames amplía a oferta

Queda unha semana para presentar as candidatura e algúns aínda están valorando si se presentarán ou non. A dificultade de conseguir integrantes para as listas é un feito que pode deixar fora a máis dun partido. É o caso de Contigo Pódese que trala renuncia a presentarse de Gemma Otero parecía que quedaba fora das eleccións pero algunhas fontes apuntas a que Vanesa Ónega será a candidata e traballa na confección dunha lista.

O Partido Popular ven de anunciar a incorporación á súa lista de José Ramón Oulego, concelleiro de Ciudadanos en esta lexislatura.  Oulego di que tras ver “a deriva do seu antigo partido” cre que esta é “a mellor opción para os veciños de Ames”.

En Ames tamén se presentará Vox. O partido ven de ratificar a Andrés Pena Vites como candidato. Del di o partido que é “Creador dixital e ten experiencia na xestión de este tipo de plataformas”.

Si sumamos Espazo Común, UCIN, Psoe e BNG, o electorado amiense terá un amplo espectro de partidos e candidatos nos que elixir. O feito de superar os 30.000 habitantes pode inclinar a balanza da Deputación da Coruña polo que se presume unha campaña moi intensa en este concello.

O resto polo mesmo camiño

Psoe e PP seguen avanzando listas e incorporacións en outros concellos. Borja Verea ven de desvelas unha lista á que incorpora a María Baleato, subdirectora xeral na Secretaría Xeral de Emigración, no número dous e Yolanda Otero, subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores, no tres. No catro estará o actual voceiro no concello, José Antonio Constenla, un dos tres únicos concelleiros que Verea manterá da lista de hai catro anos.

En Oroso o Psoe incorpora tamén a dúas mulleres a súa lista. Miriam Mosquera García e recepcionista dun hotel e sempre estivo vinculada ao sector da hostalería xa que os seus país rexentan un bar. Pola súa parte María José Blanco Castro é técnico superior en Actividades Físico Deportivas, en Animación Sociocultural e en Educación Infantil e traballa como educadora infantil.

Presentacións

Ao mesmo tempo vanse coñecendo datas de presentacións. O Psoe de Ames o fará na Casa da Cultura de Bertamiráns o xoves 20 as oito e media da tarde. O de Teo o sábado 22 no auditorio da Ramallosa as oito da tarde. Ao longo da semana coñeceranse seguramente máis novidades das listas e dos próximos actos, o evidente e que o tempo acábase e nunha semana máis ou menos xa coñeceremos todo o que se presenta en todos lados e con quen se presenta.

Post navigation

Previous: “Whispering Mirrors”, nova mostra da USC na Igrexa da Universidade
Next: Casa da Xuventude, Vía Verde e camiños en Trazo no último pleno da Deputación

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.