Trazo, 20 de marzo do 2019 – A inesperada renuncia á candidatura do alcalde de Trazo, José Dafonte, maquilla un PP local con varias divisións internas.
Xunto coa nova da renuncia a presentarse de novo a alcaldía de Trazo o aínda alcalde anunciaba este martes que sería a concelleira Josefina Suárez a cabeza de lista. No comunicado confirmábase a continuidade dos actuais concelleiros aínda que quedaban fora Emilio Varela e Manuel Pereiro.
Precisamente o concelleiro Pereiro publicaba unha nota o pasado día 14 no seu muro de Facebook. En ela anunciaba xa a súa dimisión como concelleiro “Estimados veciños de Trazo, por discrepancias con parte da Xunta de goberno Local que nos últimos tempos foron aumentando e que motivaron finalmente presentase a miña dimisión como concelleiro de deportes e xuventude deste Concello”. No comunicado agradecía a José Dafonte a oportunidade e aseguraba que “Isto non é unha despedida pero si a fin dun ciclo, pois creo nun Trazo con futuro e oportunidades a xeracións que vimos detrás”.
Según informacións recollidas por Lindeiros.gal Manuel Pereiro podería presentar nos próximos días a súa candidatura en outra lista. Falta por saber si o acompañará tamén Emilio Varela.
A ameaza dos xulgados
O actual alcalde José Dafonte levaba xubilado desde outubro do 2017. A ameaza da denuncia presentada polo Psoe por prevaricación e falsidade en documento público pesou sen duda na decisión de renunciar á alcaldía pero tamén os problemas e divisións internos do partido a nivel local.