Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • eleccions 2023
  • Negreira
  • Teo
  • Xeral

Eleccións 23 : 10 de maio

Seguimos avanzando cara a xornda de mañá na que chegará a pegada de carteis xunto antes de que comece a campaña ás eleccións
eleccions slide 2
00Days
00Hours
00Minutes
00Seconds

Compostela

Santiago segue sendo a que xera máis actividade de cara ás eleccións. Cada día hai convocatorias e mesmo a actividade informativa normal está case parada.

Compostela Aberta presentou este martes a proposta de creación duna concellaría de modernización administrativa. A candidata María Rozas explica que se trata de “un departamento que funcionará de maneira transversal e que permitirá simplificar, homoxeneizar e axilizar os procedementos administrativos”.

Rozas engade que esta concellería “disporá as ferramentas necesarias para afrontar algúns dos graves problemas que ten o Concello de Santiago e que máis lle afectan directamente á veciñanza, como son os atrasos na concesión de licenzas ou no pago de facturas”. Ao tempo, dixo “Compostela Aberta impulsará unha tarxeta cidadá que tamén contribúa a facilitar a relación dos veciños e veciñas coa administración e o seu acceso aos servizos municipais”.

Pola súa banda o Partido Popular tomouse unha xornada máis tranquila pero hoxe presentará a toda a candidatura aos medios de comunicación a última hora da tarde. Nas últimas semanas estivo presentando distintas propostas das que podemos recuperar, entre as máis recentes, a de benestar animal. Para o candidato Borja Verea cada barrio debería contar cun parque canino  “así abriranse novos espazos nas zonas onde aínda non conte con este tipo de instalacións, e levarase a cabo unha reformulación e mellora dos xa existentes”.

Tamén promoverá unha guía “PetFriendly” para que todos aqueles temas relacionados cos animais queden unificados e se lles poidan dar difusión: restaurantes, cafeterías, saúde e beleza, aloxamento, zonas de esparcemento, actividades lúdicas, etc.

O Psoe segue mostrando o deseño urbanístico que quere para a cidade e onte falou da reurbanización da Rúa Carlos Maside, da García Lorca o a reforma do pavillón de Vite. Ao mesmo tempo o candidato Xosé Sánchez Bugallo fala de “coser a cidade” e mesmo contempla a reforma da rúa Romero Donallo cunha berarrúa central coa intención de enlazar Conxo co centro da cidade.

O BNG enzarzouse nos últimos días nunha disputa sobre a titularidade de Peleteiro. Consideran os nacionalistas que pertence á Sareb polo que pode ser reclamada e a concelleira de urbanismo, Mercedes Rosón, explicou que en realidade pertence a un fondo inversor. Onte a candidata do BNG, Goretti Sanmartín presentou a documentación que acredita que o 100% da titularidade da propiedade da parcela de Peleteiro é de Árqura Homes, a promotora inmobiliaria da SAREB. “Xa abonda de sementar dúbidas por parte do PSOE sobre esta propiedade e sobre a posibilidade que se abre para ampliar o parque de vivenda protexida; esixímoslle que demostren a defensa dos intereses da cidade e se poñan a traballar para conseguir que prospere esta medida anunciada polo Goberno do Estado e que pode beneficiar Santiago de Compostela con esta cesión de solo”, advertiu.

Teo

A voceira do BNG, Ana Pontón, pasou por Teo para apoiar a reivindicación dun centro de día para o concello e a candidatura de Eloi Devesa á alcaldía. Devesa lembrou que a construción de este servizo era algo comprometido polo goberno autonómico do bipartito que quedou en nada coa chegada do Partido Popular

Lindeiros aproveitou para preguntar pola lexislatura en Teo, complexa e que remata con 4 voceiros distintos en catro anos. Ana Pontón preferiu non entrar en temas locais e Eloi Devesa declarou mirar para o futuro más que para o pasado

Negreira

En Negreira o Psoe ven de presentar o seu slogan para a campaña electoral “O mellor para Negreira”. O candidato e actual alcalde, Manuel Ángel Leis, fala dunha campaña en positivo e di que “Os feitos de todo o realizado estes catro anos están aí, creo con honestidade que representamos a máis seria proposta de goberno para Negreira” e garante “continuar a traballar cada día para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: Campaña de prevención do maltrato animal en Compostela
Next: O colexio Martagona reclama reformas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.