Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • eleccions 2023
  • Xeral

Eleccións 23: Luísa Feijoo e Oliva Agra presentan as súas candidaturas á alcaldía de Ames

– Espazo Común e Partido Popular presentaron as súas candidatas a alcaldía do concello de Ames, Luísa Feijoo e Oliva Agra serán as mulleres que opten ao posto.
eleccions-23-cambio-de-candidatos-slide-27-febreiro-2023_r

Eleccións 23, 3 de abril – Espazo Común e Partido Popular presentaron as súas candidatas a alcaldía do concello de Ames, Luísa Feijoo e Oliva Agra serán as mulleres que opten ao posto.

A Casa da Cultura do Milladoiro serviu de recinto para as dúas presentacións. O Partido Popular o venres pasado pola tarde coa presenza de Diego Calvo e Paula Prado. Espazo Común o sábado pola mañá con Pachi Vázquez como convidado.

Dúas candidatas

Luísa Feijoo e Oliva Agra deron a sensación de dúas candidatas con capacidade de dialogar e veñen a renovar a política de Ames. As dúas con experiencia na vida orgánica do concello e tamén sabendo o que é quedar apartadas da primeira liña por decisións políticas. Afrontan con ilusión unha oportunidade onde moita xente marcharía para casa e iso, de cara ao votante, e sempre de agradecer.

Espazo Común pensa en crecer

Foi precisamente Pachi Vázquez o primeiro en intervir no acto de Espazo Común que foi presentado pola número dez, Carmela Pardal. Si a presentadora definiu a candidatura como unha “película independente pero que opta aos premios como o resto” , Vázquez dixo que Espazo Común era un partido de autor e que “as cousas grandes veñen de algo pequeno” para rematar engadindo que tras as eleccións terían que sentarse en clara alusión a unha candidatura autonómica.

Luísa feijoo comezou falando de “escoita activa” e explicou que as ideas do socialismo as ten oi interiorizadas. Falou de feminismo, pobreza, ou emigración e lembrou que cando cambiou o alcalde cambiaron tamén as formas e pasouse dun equipo a algo moito máis personalista.

O PP facendo equipo

Oliva Agra comezou agradecendo todos os apoios e lembrando o traballo dos últimos anos, explicando ademais que “Nunca me costó tanto hacer un discurso. Conforme se acercaba esta fecha, más difícil se me hacía escribir todo esto”.

Agra demostrou no seu discurso ser unha candidata de “partido” e sen mirar atrás falou de que “uno de los mayores honores que se puede obtener es ser candidata a una alcaldía”. A candidata tivo tamén un emotivo recordo para o seu pai “Y mi agradecimiento especial a una persona que ya no está entre nosotros. Que fue quien me inspiró para dar este paso: mi padre José Ramón Agra”.

No resto da súa intervención Oliva Agra explicou o seu proxecto dicindo que quere un concello que teña en conta aos xoves, que reúna tradición e progreso e que sexa “un Ames inclusivo”.

Post navigation

Previous: Presentada en Compostela a 31º edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide
Next: Negreira ten xa nova sede de atención temperá e un punto de información turistica

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.