Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • eleccions 2023
  • Xeral

Eleccións 23: Saltarse as regras do xogo

Aínda quedan dúas semanas para as eleccións pero a campaña está subindo na bisbarra de intensidade con accións realmente preocupantes.
psoe-teo-banderolas-slide-15-maio-2023_r

Eleccións 23, 15 maio – Aínda quedan dúas semanas pero a campaña está subindo na bisbarra de intensidade con accións realmente preocupantes. Si a semana pasada falabamos de pancartas postas antes de tempo agora falamos doutras retiradas por descoñecidos.

O Psoe de Teo colocou unhas lonas en pontes do concello que foron quitadas e tiradas á cuneta. En esa ponte ya estaba colocada unha do BNG, que desde o Psoe recoñecen que estaba colocada desde a madrugada do dóa 12, que non foi tirada,

A candidata socialista Uxia  Lemus apelaba na rede á calma e daba as grazas aos veciños que avisaran dos feitos “Grazas miles aos veciños que chamaron para dicir que as 3 lonas do partido estaban hoxe nas cunetas. Pois nada, que lles molestamos na vista, algún tipo de alerxia ao roxo, ou algún xen defectuoso de falta de sentido democrático e/ou de incivismo. Vamos, algo para que os mire un especialista”.

Denuncia en Vila de Cruces

Nova denuncia ante a Xunta Electoral central, en este caso en Vila de Cruces, polo uso de fondos públicos para a edición dun xornal que “enaltece os logros do alcalde”.

A denuncia foi presentada polo BNG contra Xuntos polo noso concello” o partido do actual alcalde, Luís Taboada. O candidato, Alejandro Fiuza, explica que se presenta pola “difusión gratuita a través de correos, dun xornal de información municipal financiado polo Concello, que contén numerosas noticias enaltecendo a xestión do goberno municipal, constituíndo unha campaña de logros prohibida pola artigo 50 da LOREX. Desde a convocatoria das eleccións e ata a celebración das mesmas queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou logros obtidos, mesmo que utilice imaxes ou expresións coincidintes ou similares ás empregadas nas súas campañas por algunha das entidades políticas concorrentes ás eleccións.”

A Estrada

O BNG da Estrada falou na súa última comunicación aos medios de igualdade. O candidato Xoán Reices lembrou a denuncia de hai uns meses sobre unha atracción pagada polo goberno municipal que reproducía cancións machistas, nun espazo reservado para os nenos e as nenas.

Para Reices “Isto pon en evidencia, que, máis alá dos lazos e das luces con que o PP adorna o concello en datas como o 8 de marzo ou 25 de novembro, este goberno non fai nada a prol da igualdade e todo queda en pura e simple aparencia. No BNG queremos transformar o concello, tamén desde a igualdade e por este motivo mantiveron un encontro con mulleres, que traballan en diversos eidos, así como militantes e simpatizantes do BNG, para explicar as nosas propostas en materia de igualdade de xénero”

Touro

O Movemento Veciñal de Touro propón un programa de mantemento das parroquias. Explican que “As parroquias estarán continuamente presentes na acción do goberno. O concello dispón de maquinaria infrautilizada que permitiría facer un mantemento continuado nas infraestruturas das parroquias (desbroces, recollida de augas…) , é só cuestión de vontade e capacidade de xestión. Cada ano chegan ao concello centos de miles de euros doutras administracións para investir en obras (e servizos). A mala xestión provoca que se deixen de facer obras polos sobre custos, e que outras que si que se fan presenten deficiencias na execución polo nulo control. Melloraremos a xestión facilitando a contratación a todas as empresas/autónomos do concello, rematando deste xeito co “chiringuito” que existe na actualidade e do cal sempre se benefician as catro empresas de sempre”.

Negreira

O Psoe propón a creación dun coworking no polígono empresarial da vila. O candidato Manuel Ángel Leis dixo que “Queremos darlle aos emprendedores locais un espazo para traballar en común e crecer. Hai moitas iniciativas de emprendores e empresas locais que vinculan o sector primario e o I+D, temos que apostar por medrar neste tema”.

Brión

O BNG tivo o seu primeiro mitín de campaña e presentou un amplo programa de propostas entre as que destacan a municipalización de servizos como o dos comedores escolares ou a creación dunha radio municipal.

Compostela

Compostela Aberta

A candidata María Rozas presentou xunto a Marta Lois unha serie de propostas no eido económico. Rozas anunciou a posta en marcha dun programa para impulsar a actividade dos locais en desuso, mediante diferentes liñas de actuación “O primeiro definir as características dos locais baleiros, a súa localización e as súas potencialidades comerciais. A partir de aí porase en marcha un programa municipal de intermediación entre propietarios e potenciais inquilinos, que levará aparelladas axudas económicas á propiedade para a contratación de seguros, altas de subminístroos ou garantías de pago dos alugueiros. Nunha terceira fase crearemos unha carteira pública de locais comerciais en planta baixa, sen descartar a posibilidade da súa compra polo Concello mediante concurso público e a súa posta no alugueiro a prezos taxados, sempre que eses locais teñan un uso que garanta a súa función social e contribúan á revitalización dos barrios”.

Psoe

O candidato do Psoe, Xosé Sánchez Bugallo, tivo un almorzo cos medios e distintos invitados no que participou a ministra de economía Nadia Calviño e o presidente da Deputación, Valentín González. Nadia Calviño puxo en valor o “bo entendemento” e o traballo de colaboración do alcalde co goberno central. Sánchez Bugallo explicou que en Santiago hai actualmente “300 millóns de euros en obra pública contratada ou en contratación” e apuntou á biotecnoloxía e a intelixencia artificial como “sectores estratéxicos para Compostela”.

BNG

A candidata Goretti Sanmartín, fala de “situar ás persoas no centro” no desenvolvemento da cidade. Para elo “é fundamental recuperar poboación na cidade histórica, apoiar o comercio de proximidade e conseguir atraer persoas residentes en Compostela con facilidades para ter vivenda en alugueiro e de protección pública, en vez de expulsalas a concellos dos arredores”. 

Sanmartín engadiu a necesidade das “políticas encamiñadas a introducir a perspectiva de xénero e desenvolver un urbanismo feminista, en que prime a accesibilidade universal”.

PP

Borja Verea presentou un dos proxectos máis ambicioso ata o momento. A peatonalización e soterramento do tráfico desde a Senra ata o final da Virxe da Cerca. A actuación levará o nome de “Paseo de Galicia” e según o candidato popular “permitirá reducir ao mínimo o paso en superficie de vehículos, para priorizar a circulación peonil, co que se creará un gran espazo para a estancia duns 20.000 m 2 , que equivalerían aproximadamente a 3 veces a superficie da Praza do Obradoiro.

Con esta ampla superficie peonil -na que se instalarán zonas verdes e arborado, zonas de xogos infantís e zonas de estancia con mobiliario urbano- mellorarase de forma notable para a cidadanía a conexión do núcleo histórico co Ensanche”.

Post navigation

Previous: Máis de 2000 persoas na Festa da troita de Oroso
Next: Lousame aprobou o proxecto de instalación da nova depuradora

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.