Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • eleccions 2023
  • Padrón
  • Xeral

Eleccións 23, o PSdeG presentou aos candidatos de Santiago e Padrón

Xosé Sánchez Bugallo por Santiago e Anxo Arca por Padrón foron presentados como candidatos socialistas de Compostela e Padrón á veciñanza de ambos os dous concellos. Santiago
eleccions-23-cambio-de-candidatos-slide-27-febreiro-2023_r

Eleccións 23, 30 de marzo – Xosé Sánchez Bugallo por Santiago e Anxo Arca por Padrón foron presentados como candidatos socialistas de Compostela e Padrón á veciñanza de ambos os dous concellos.

Santiago

Esta pasada noite Sánchez Bugallo presentou ao seu equipo nun acto ao que asistiron cerca de mil persoas e no que participou o Secretario Xeral socialista, Valentín González Formoso. No acto introducíronse aos poucos todos os membros da lista electoral ata chegar ao número 1.

Bugallo dixo que desde que comezou en política este fora “o tempo máis duro, o máis esixente; no esforzo físico e no emocional”.  Para o actual alcalde “non vale nin un Santiago duns nin doutros, só vale o de todas e todos. Ese Santiago plural e inclusivo só o podemos construír nós”.

Bugallo puxo tamén en valor o traballo realizado dicindo que  “Ás veces non somos capaces de ver o traballo feito, pero xuntos e xuntas conseguimos moitas cousas: o impulso de grandes contratos aparcados e que estaban en precario desde hai anos, a redacción dun mapa para construír un proxecto de cidade claro na Axenda 2030 e no Plan de Mobilidade, e modernizar unha administración que en 2019 estaba completamente obsoleta.

Padrón

Anxo Arca, o candidato socialista en Padrón, estivo acompañado no acto polo líder provincial do PSdeG, Bernardo Fernández Piñeiro, e a deputada autonómica Noa Díaz. Anxo Arca foi moi crítico cos gobernos do Partido Popular dicindo que “é hora de rematar con esta longa noite de 12 anos que mantén ao noso municipio nunha lamentable situación de atraso e abandono”. 

O socialista insistiu en que o goberno de Antonio Fernández “carece de proxecto, acumula oportunidades perdidas e a súa xestión presenta graves carencias tanto no ámbito urbano como no rural”. 

Neste sentido, Arca manifestou a súa preocupación “pola falta de innovación nas actividades municipais, a perda de poboación, o abandono do casco histórico e do patrimonio cultural, a inexistencia dun plan xeral acorde cos tempos, o descoido das aldeas ou a carencia durante dous anos de oficina municipal de Turismo, coincidindo xusto cando se celebraban dous anos santos seguidos”. 

Post navigation

Previous: Val do Dubra terá un aula especializada no alzhéimer
Next: Denuncian que o sector cultural aínda non cobrou as axudas do 2022

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.