Eleccións 23, 15 de maio – Comezamos aquí unha serie de 3 especiais dos tres concellos máis poboados da bisbarra: Compostela, Ames e Teo.

Cinco preguntas aos candidatos, preguntas que non coñecen de antemán e que teñen que ver coa campaña electoral. O criterio de selección dos candidatos é ter representación municipal, entendendo por representación ter polo menos un concelleiro ou estar o partido representado.
En Compostela falamos co actual alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o candidato do Partido Popular, Borja Verea; a candidata de Compostela Aberta, María Rozas; e a do BNG, Goreti San Martín. No caso de Santiago as preguntas foron realizadas hai semanas, moi afastadas da loucura da campaña electoral.
Xosé Sánchez Bugallo – Psoe
O actual alcalde presentouse de novo ás eleccións hai catro anos colleitando un resultado histórico de 10 concelleiros (no 2015 caeran ata os catro concelleiros) que non chegou para obter a maioría absoluta.
A lexislatura estivo marcada pola pandemia pero tamén, na última etapa, polos problemas internos do partido. Primeiro coa marcha de Javier Fernández que acabou por non deixar a acta e pasarse ao grupo mixto. Despois co caso “Desproi”, empresa propietaria dunha nave alugada polo departamento de medio rural. O concelleiro responsable, José Manuel Pichel, tiña accións de esa empresa e acabou por dimitir e todo o asunto está nos xulgados tras unha denuncia do Partido Popular.
Bugallo defende en esta campaña que se fixo moito en esta lexislatura e que o único xeito de que o concello avance e que continúe como alcalde. Incorpora no número tres ao Xaquín Fernández Leiceaga para que se ocupe da parte económica, outro dos problemas recorrentes en estes catro anos.

Bugallo defende en esta campaña que se fixo moito en esta lexislatura e que o único xeito de que o concello avance e que continúe como alcalde. Incorpora no número tres ao Xaquín Fernández Leiceaga para que se ocupe da parte económica, outro dos problemas recorrentes en estes catro anos.
Valoración da lexislatura
Que precisa Compostela
Que destaca da súa lista electoral
Primeira decisión realista que tomaría
O mellor e o peor como candidato
Borja Verea – Partido Popular
O candidato do Partido Popular preséntase como a gran esperanza do partido para recuperar a alcaldía da cidade. A súa chegada á candidatura non estivo exenta de problemas. As primarias o enfrontaron a Fernando Mayo; doutor e histórico militante do PP que ao perder optou por migrar a VOX para ser o candidato da formación de extrema dereita.
Verea tamén tivo que organizar o partido internamente e unha das decisións foi quitar a Alejandro Sánchez Brunete como voceiro e substituílo por José Antonio Constenla, home de confianza que vai de número catro na candidatura.
Todos os cambios fixéronse antes do verán do 2022 e desde entón o Partido Popular ven dando sensación de unidade. Verea ven de presentar hai pouco un dos proxectos máis ambiciosos, e máis cuestionados, de estas eleccións: a peonalización e soterramento do tráfico desde Juan Carlos I ata a Porta do Camiño.

A idea é cuestionada como calquera obra que teña na proximidade o casco vello- Todo o mundo pensa que encanto abras a rúa aparecerá algo que fara intervir a Patrimonio e paralizando, cando non prohibindo, o proxecto.
Valoración da lexislatura
Que precisa Compostela
Que destaca da súa lista electoral
Primeira decisión realista que tomaría
O mellor e o peor como candidato
María Rozas – Compostela Aberta
Esta licenciada en ciencias políticas e administración xa sabe, aínda que ninguén o lembra, o que é exercer de alcaldesa. Foi no mandato de Compostela Aberta, en xuño do 2018, durante a baixa por paternidade de Martiño Noriega.
Provén de Esquerda Unida, formación na que gañou as primarias para ser candidata no 2015. O proceso de confluencia que agromou en Compostela Aberta levouna a ir na lista e conseguir acta de concelleira. Nas eleccións de hai catro anos queda fora ao ir de número seis e CA conseguir só 5 actas. No 2020 Martiño Noriega e Rafael Peña deixan as actas de concelleiros e entran no consistorio María Rozas e Xan Duro; na actualidade números 1 e 2 da candidatura de Compostela Aberta.

As súas propostas teñen todas unha patina de realidade ao tempo que reivindican os logros do seu mandato e critican a “apropiación” deles do candidato socialista. Lembran que a nova depuradora, o desbloqueo da estación intermodal ou a recente celebración do Banquete de Conxo comezaron no mandato de CA.
Valoración da lexislatura
Que precisa Compostela
Que destaca da súa lista electoral
Primeira decisión realista que tomaría
O mellor e o peor como candidata
Goretti Sanmartín – Bloque Nacionalista Galego
Profesora universitaria e doutora en filoloxía galego portuguesa é membro da Real Academia Galega desde o 2012. Ë por dereito propio unha histórica militante do BNG e xa en aquel 2012 foi elixida como responsable do partido na cidade. Un ano despois o BNG a elixe secretaria de implantación e estratexia municipal,
Na anterior lexislatura foi vicepresidenta de Deputación da Coruña, cargo que abandonou tras presentarse novamente as eleccións como número 1 en Compostela e conseguir dúas actas. Sanmartín asegura aspirar a todo e considera factible superar ao Psoe, un partido do que di que decepcionou aos seus propios votantes.
Un dos temas recorrentes en esta campaña é a vivenda e o BNG propón a compra no casco histórico con fin de revitalizalo. A idea sería o aluguer con cesión de uso por 75 anos, algo non visto aquí pero habitual en outros países.

Nas últimas semanas mantivo unha pequena polémica a o propoñer que a SAREB ceda Peleteiro para vivenda social. A concelleira de urbanismo, Mercedes Rosón, dixo que Peleteiro non pertencía á SAREB. Goretti Sanmartín demostrou que non pertence a SAREB se non a unha empresa da que a SAREB ten o cen por cen do accionariado así que as diferenzas parecen máis ben de denominación.
Valoración da lexislatura
Que precisa Compostela
Que destaca da súa lista electoral
Primeira decisión realista que tomaría
O mellor e o peor como candidata