Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023

Eleccións 23, 9 de maio

A conta atrás para as eleccións xa hai tempo que comezou pero agora os partidos poñen a vista na campaña que comeza este venres.
eleccions-23-cambio-de-candidatos-slide-27-febreiro-2023_r
00Days
00Hours
00Minutes
00Seconds

Os partidos aceleran o ritmo e aínda quedan presentacións pendentes. O último en chegar foi Espazo Común que con Manolo tallón á cabeza presenta a súa candidatura á alcaldía de Teo este venres.

Nas sedes comezan a aparecer cubos e brochas porque a pegada de carteis no século XXI mantense como tradición sen que ninguén crea moito na súa utilidade. Ao mesmo tempo comezan as gravarse as megafonías que atronaran as rúas desde o día 12.

Mitin pos comida

En Padrón o Psoe denuncia a “falta de escrúpulos” do PP por presentar a súa candidatura a continuación, e no mesmo lugar, da festa dos maiores. O pasado sábado celebrouse na vila a festividade de San Xoán de Raio e con ese motivo o concello organizou a tradicional comida dos maiores.

O Psoe considera que “O PP emprega descaradamente as institucións que goberna en beneficio propio” por facer coincidir a presentación das candidaturas de Padrón, Rois e Dodro a continuación da festa da terceira idade e no mesmo lugar.

Almorzos

Este foi un luns de almorzos en Compostela. O Candidato do Partido Popular, Borja Verea, reunía a 300 persoas, moitos empresarios, no Hotel Porta do Camiño as nove da mañá con convocatoria a medio incluía.

Xunto a el o Conselleiro de Industria Francisco Conde que definiu ao candidato como un corredor de fondo que chega coa experiencia necesaria. Verea anunciou na súa intervención a construción dun ambulatoria, no Restollal, que dará servizo ao Castiñeiriño con 6 consultas de medicina, 6 de enfermería, 1 de pediatría e aparcadoiro soterrado.

O Psoe convoca aos medios un pouco despois na súa sede electoral, tamén con café e pasteis. O candidato Sánchez Bugallo asegurou estar cada día “máis contento e ilusionado” ante as eleccións ás que se presenta avalado por datos “temos os mellores datos de emprego da historia, somos un dos 20 concellos mellor xestionado de España segundo un informe elaborado polo ICGEA, temos uns servizos públicos renovados e impulsamos de novo a actividade comercial e turística da cidade”.

Pola súa banda Compostela Aberta ven convocando aos medios de xeito regular para presentar as súas propostas. Este luns foron as de vivenda e a candidata María Rozas falou de crear unha nova empresa municipal que  “promova a construcción de vivendas a prezo taxado nos solares municipais, pero sobre todo que poña vivendas baleiras no mercado do alugueiro, a prezos sociais”.

Finalmente o BNG dedicou o luns a presentar un avance do videoclip de campaña titulado “O mundo é aquí”, cunha canción que “impregna de sensacións sobre o inicio de algo novo, con esperanza e apelando ao futuro de Santiago de Compostela en alusión á chegada do equipo liderado por Goretti Sanmartín ao Goberno municipal”.

A canción introduce o lema ‘Santiago merece máis’ e diríxese ás persoas “co corazón en Compostela”.

Touro becas

A candidata socialista en Touro, Gemma V. Lopez, presentou proposta de becas para o municipio si chega a gobernar “ningún estudante deixara os estudos por motivos económicos”. A candidata dixo que porá en marcha numerosos proxectos que son “realistas e Realizables debido a que emanan desde o coñecemento das necesidades da poboación Tourense”.

Post navigation

Previous: IV edición d o Festival Plataforma no mes de xuño
Next: Masivo seguimento da folga de lixo en Ames

Máis novas

eleccions slide 2
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: Resumo da xornada electoral na bisbarra e voces dos protagonistas

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r
2 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa

Publi Eleccions 23 _medio web_maio 2023
3 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: xornada electoral

eleccions-slide-4_r
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: todo vale?

compostela-aberta-acto-central-slide-24-maio-2023_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

Debate-electoral-SER-slide-23-maio-2023_111013_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23, debate sobre debates

5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

5-preguntas-Ames-slide-17-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.