Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023
  • Santa Comba
  • Trazo

Eleccións 23: todo vale?

Seguen aparecendo sucesos que cuestionan o comportamento de moitos dos políticos que participan nas eleccións,
eleccions-slide-4_r

Eleccións 23, 25 maio – Seguen aparecendo sucesos que cuestionan o comportamento de moitos dos políticos que participan nas eleccións, son casos illados pero tamén malos exemplos de democracia.

BNG de Santa Comba

En esta campaña, como en outras, xa vimos rotura de publicidade entre partidos e mesmo a colocación antes do comezo da campaña. Agora falamos de desacreditar de calquera forma a un candidato e do presunto uso de datos privados para gañar votantes.

En Santa Comba o BNG esixe responsabilidade penais e políticas por unha campaña de difamación contra o seu candidato, Juan Sixto. O responsábel de Organización do BNG, Bieito Lobeira, acusou ao PP de “prácticas caciquís e mafiosas” e instou a Alfonso Rueda a que “pare xa este despropósito porque en política non todo vale”.

Ademais da denuncia que o candidato Juan Sixto presentou na Garda Civil, o BNG  dirixiuse tamén á Xunta Electoral para que se posicione sobre uns feitos “e extrema gravidade que afectan ao proceso electoral ademais da integridade persoal do candidato”.

O propio Juan Sixto falou na súa intervención dunha “estrutura organizada” que ten como obxectivo “meter medo nunha campaña completamente carroñeira mais non nos van facer calar”.

Uso de datos privados

Un pouco máis cerca de Compostela, en Trazo, o PSdeG-PSOE presentou esta mañá ante a Xunta Electoral de Santiago unha denuncia contra o Partido Popular de Trazo polo uso do padrón municipal de habitantes.

Eugenio Pazos

Os socialistas de Trazo acompañan a denuncia con documentos gráficos nos que se evidencia que o candidato número 3 do PP en Trazo está a realizar visitas á veciñanza do concello levando á vista no parabrisas do seu coche particular o padrón municipal de habitantes, onde figuran datos protexidos de todos os veciños de Trazo como nome e apelidos, dirección e persoas que residen en cada domicilio e data de nacemento.

“Non pode ser que os candidatos do PP anden visitando as casas co censo na man, é un asunto moi grave e unha clara vulneración da Lei electoral e da Lei de protección de datos”, afirma o candidato socialista á Alcaldía de Trazo, Eugenio Pazos, quen advirte de que “iremos ata o final do asunto para saber de onde saíron estes censos, canto tempo leva empregando o PP o padrón de habitantes de Trazo e con que finalidade”.

Post navigation

Previous: López Besteiro volve a Teo oito anos despois
Next: Maratón de biodiversidade para inventariar a riqueza dos ríos Arnego e Tambre

Máis novas

Vista desde o Monte San Bartolomeu en Santa Comba
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba abre as inscricións para o eclipse solar e as Perseidas

Santa Comba presenta a programación de Sol a Sol
3 minutes read
  • Xeral

De sol a sol en Santa Comba

Alcalde e Presidente da Deputación asinan o convenio para o Xallas
2 minutes read
  • Xeral

Posta en valor das cabeceiras do río Xallas

Casa consistorial de Trazo onde terá lugar o pleno de orzamentos
2 minutes read
  • Trazo

Trazo aproba os orzamentos 2026

Casa consistorial de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Reclaman o pago dos atrasos ao persoal municipal de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba
2 minutes read
  • Santa Comba

Santa Comba licita a construción do futuro Centro de Día

santa comba xornada astronomica 4 marzo 2026
3 minutes read
  • Axenda

Santa Comba traballa nunha xornada astronómica no monte San Bartolomeu

BNG SANTA CO,MBA DENUNCIAS CENTRO SAUDE 16 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Santa Comba

Denuncian o mal estado do Centro de Saúde de Santa Comba

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.