Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023

Eleccións 23: Resumo da xornada electoral na bisbarra e voces dos protagonistas

Moitas sorpresas en estas eleccións na bisbarra, con uns cantos concellos que terán novo alcalde ou alcaldesa
eleccions slide 2

Eleccións 23, 29 de maio – Moitas sorpresas en estas eleccións na bisbarra, con uns cantos concellos que terán novo alcalde ou alcaldesa e un BNG en alza que se converte chave en moitos lugares.

O PP recupera en estas eleccións alcaldías que foron no seu día históricas, como Teo ou Oroso; pero ao mesmo tempo perde outras como Padrón, Touro o Santa Comba. Mantén tamén outras como Frades, Ordes, Trazo ou O Pino.

Na provincia o Psoe e BNG conseguen manter a Deputación por un escaso marxe. O PP consegue 519 concelleiros, o Psoe 343 e o BNG 227.

Os protagonistas

Anxo Arca Psoe Padrón
Beatriz Rei BNG Padrón

Un dos protagonistas é sen dúbida Anxo Arca en Padrón que consegue superar ao PP e, aínda que precisa acordos co BNG, será con toda seguridade o novo alcalde da vila. En declaracións a Lindeiros desexáballe o mellor a nivel persoal ao actual alcalde en funcións, Antonio Fernández Angueira, ao tempo que se mostraba ilusionado.

Beatriz Rei, a candidata do BNG, tamén se mostraba contenta de que se conseguira o cambio na vila.

Blas García Psoe Ames
David Santomil BNG Ames

En Ames o socialista Blas García reivindicábase como alcalde tras chegar ao posto substituíndo a José MIñones. Na pasada noite mostrábase contento é poñía enriba da mesa as complicadas circunstancias para o partido na bisbarra.

Pola súa banda David Santomil, actual tenente de alcalde e candidato do BNG, valoraba moi positivamente a traxectoria do partido en Ames, que desde o 2015 non deixou de crecer

Lucía Calvo PP Teo
Uxía Lmeus Psoe Teo

Teo foi unha das sorpresas da noite. O PP recuperaba a alcaldía cunha maioría absoluta que estaba moi disputada antes das votacións. A primeira consecuencia de esta vitoria foi a dimisión da candidata socialista Uxía Lemus que no lo contaba así

Pola súa banda Lucía Calvo, a que será a nova alcaldesa, agradecía o apoio recibido e poñía xa deberes ao seu equipo para os primeiros meses

Outra das alcaldías que mantén o PP é a de Rois. O seu alcalde Ramón Tojo agradecía tamén o respaldo da cidadanía e lembraba que é unha responsabilidade.

A continuación os resultados da bisbarra

ConcelloPartidos – Concelleiros
SantiagoPP 11Psoe 6Compostela Aberta 2BNG 6 
AmesPsoe 8PP 7BNG 5Espazo Común 1 
TeoPP 9BNG 3Psoe 3PXC 2 
NoiaPP 7Psoe 4NOIA 2Marea Cidadá 2BNG 2
OrdesPP 9BNG 6Psoe 2  
Santa CombaPsoe 7PP 6   
PadrónPP 6Psoe 6BNG 1  
BriónPsoe 6PP 4BNG 3  
OrosoPP 7Psoe 5BNG 1  
MelidePP 6Adiante Melide 5Psoe 1BNG 1 
NegreiraPP 6Psoe 6BNG 1  
ArzúaPP 6Adiante Arzúa 3BNG 3Psoe 1 
VedraPP 8BNG 3PSOE 2  
O PinoPP 7BNG 2Psoe 2  
RoisPP 8Psoe 2BNG 1  
BoqueixónPP 8Veciños 2BNG 0  
Val do DubraPP 5ANOVA 3Psoe 3  
TouroPP 5Movemento Veciñal 4PG 1BNG 1 
A BañaPP 5Psoe 5BNG 1  
LousamePP 6Psoe 4BNG 1  
TrazoPP 8Unión x Trazo 1Psoe 1BNG 1 
DodroPsoe 3Xente de Dodro 3PP 2UVD 2BNG 1
FradesPP 6Psoe 4BNG 1  

Post navigation

Previous: Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa
Next: Proba de supercross da Galicia League en Ames este domingo

Máis novas

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r
2 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa

Publi Eleccions 23 _medio web_maio 2023
3 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: xornada electoral

eleccions-slide-4_r
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: todo vale?

compostela-aberta-acto-central-slide-24-maio-2023_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

Debate-electoral-SER-slide-23-maio-2023_111013_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23, debate sobre debates

5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

5-preguntas-Ames-slide-17-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Ames

psoe-teo-nave-cepillos-(1)-slide-16-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: O Psoe de Teo quere recuperar un espazo de 9.000 m2

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.