Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023
  • Teo
  • Xeral

Eleccións 23: O Psoe de Teo aproba a lista electoral

Mentres que en algúns concellos aínda hai dúbidas sobre os candidatos en Teo o Psoe aproba, e presenta, parte da lista electoral.
teo-concelleiros-socialistas-slide-5-outubro-2021_r

Bisbarra, 13 de xaneiro do 2023 – Mentres que en algúns concellos aínda hai dúbidas sobre os candidatos ás alcaldías en Teo o Psoe adiantase a todos e aproba, e presenta, parte da lista electoral.

Uxía Lemus mantén o “núcleo duro” da agrupación tendo de número dous a José Manuel Elías e de tres a Mayte Argibay. Roberto Moniño, concelleiro tamén en esta lexislatura, deixa a política activa aínda que concorrerá nos últimos postos da candidatura.

De esquerda a dereita, José Manuel Elías, Uxía Lemus, Mayte Argibay e Roberto Moniño

Lemus incorpora ademais nomes vinculados a áreas como o rural, Pablo Salgueiro e Mar Doce; servizos sociais como Montse Regueiro ou Rosa Martínez ou deportes como Nisar Maarawi.

O socialistas explican que se trata dun equipo que se define pola “capacidade de traballo e o sentido común”. Uxía Lemus engade que “hai que poñer o foco na veciñanza, hai que dialogar e entenderse para logo actuar”.

Sobre o equipo Lemus di tamén que “o obxectivo de este equipo é compatibilizar a imprescindible volta á estabilidade do goberno municipal de Teo cunha xestión ambiciosa. O concello non pode seguir perdendo oportunidades, hai que avanzar e deixar atrás esta etapa de imposición, debilidade e nula capacidade de xestión como vemos cada semana”.

Teo é un dos concellos cunha situación máis cambiante de cara as eleccións. Só manteñen candidato Psoe e PP. María López ocupa o posto do actual alcalde, Rafa Sisto, en Son de Teo aínda que cambian o nome polo de “Proxecto común”. Pola súa banda o BNG muda tamén o candidato e presentará a Patricia Castelao, número catro da lista hai catro anos e actual voceira despois de que dimitiran os dous anteriores na actual lexislatura.

Post navigation

Previous: Compostela premiada como mellor cidade de España do sistema turístico SICTED
Next: A Universidade de Santiago presenta hoxe o meteorito Traspena

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.