Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023

Eleccións 23, debate sobre debates

Lembrando a xa famosa frase, da a sensación de que estamos tendo debates por enriba das nosas posibilidades; mesmo xa se debate sobre debates.
Debate-electoral-SER-slide-23-maio-2023_111013_r

Eleccións 23, 23 de maio – Lembrando a xa famosa frase, da a sensación de que estamos tendo debates por enriba das nosas posibilidades; mesmo xa se debate sobre debates.

Debate da Cadena SER celebrado onte no Salón Teatro

Este luns estaban previstos dous debates en Compostela, un da CRTVG e outro da Cadena SER. Foi o de Radio Galicia o que se celebrou finalmente no Salón Teatro pero a coincidencia na data abriu unha polémica que mesmo pode rematar na Xunta Electoral.

O debate da SER estaba previsto desde o mes de marzo. Cando a CRTVG anunciou o plan de medios desde Psoe e BNG advertiuse da coincidencia sen que a compañía pública fixera ningún cambio. A polémica sobre os debates creceu cunha nota de prensa do Partido Popular na que se di que o candidato Borja Verea “lamenta que se tivera que cancelar o debate que tiña que ter lugar hoxe ás 10 da mañá na CRTVG. Ao ser o único candidato que confirmou a súa asistencia, foi desconvocado e finalmente non poderá participar”.

O BNG denuncia “a mentira e manipulación do PP e da CRTVG á hora de xustificaren a cancelación do debate electoral”. Os nacionalista explican que Borja Verea tiña confirmada a asistencia ao debate da SER desde un mes antes polo que era imposible que fora a audir ao da CRTVG.

Segundo publicaba onte Europa Press o BNG ten previsto presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral. A axencia tamén contaba que os nacionalistas presentaran un recurso ao coñecerse o plan de medios da CRTVG solicitando, entre outras cousas, a modificación da data do debate de Santiago pero non foi atendido.

Post navigation

Previous: O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar con duras críticas da oposición
Next: Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

Máis novas

eleccions slide 2
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: Resumo da xornada electoral na bisbarra e voces dos protagonistas

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r
2 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa

Publi Eleccions 23 _medio web_maio 2023
3 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: xornada electoral

eleccions-slide-4_r
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: todo vale?

compostela-aberta-acto-central-slide-24-maio-2023_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

5-preguntas-Ames-slide-17-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Ames

psoe-teo-nave-cepillos-(1)-slide-16-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: O Psoe de Teo quere recuperar un espazo de 9.000 m2

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.