займ срочно

Eleccións 23: O Psoe de Teo quere recuperar un espazo de 9.000 m2

0

Eleccións 23, 16 de maio – Dentro das propostas da bisbarra unha das máis imaxinativas era presentada polo Psoe de Teo, recuperar unha vella fábrica de cepillos en poder da SAREB.

Son máis de 9.000 metros cadrados con 3 naves nas que hai espazo para, segundo os socialistas, espazo para as asociacións do concello, un auditorio e un centro de día. A idea non é nova xa que Uxía Lemus, a candidata, xa negociara coa SAREB na súa época de concelleira de urbanismo.

Lemus falou tamén dos usos que lle queren dar e outros para os que podería servir

Compostela

En Compostela o Psoe presentou as súas propostas para a cidade vella. O candidato, Xosé Sánchez Bugallo, lembrou nun almorzo con periodistas que compromisos como a fibra ótica, a retirada da compactadora de Fonseca ou a peonalización de Mazarelos foron cumpridos en esta lexislatura. Agora prpón implementar unha liña de axudas directas para novos negocios na zona vella; que a metade da taxa turística se destine á rehabilitación de edificios que poidan ser logo alugados, mesmo por partes; e a construción dun centro de día solicitando a igrexa algúns dos inmobles que non usa.

O PP  segue deseñando unha nova Compostela a tenor das propostas que van mostrando. Agora falan de 50 quilómetros de rede peonil ciclista. Unha idea que parte das sendas que unirán Milladoiro con San Caetano. Segundo Borja Verea esa senda inicial  “constituirá a columna vertebral da rede peonil e ciclista da cidade, arredor na que se irán enxertando varios itinerarios para conformar una rede continua e interconectada , cunha concepción global que supere as actuacións municipais illadas e inconexas dos últimos anos. Lograrías así unha rede extensa e funcional que conectará os puntos estratéxicos da cidade de norte a sur e de leste a oeste, constituíndo un sistema viario alternativo, seguro e saudable para o futuro”.

Compostela Aberta mantivo un encontro con medios de comunicación para presentar a proposta de recuperación dos orzamentos participativos. A candidata, María Rozas,  explicou que “a nosa lista bebe do movemento asociativo, moitos dos homes e mulleres que me acompañan foron e son activistas en diferentes eidos, e por iso sabemos que a cidadanía quere participar das decisións que lle afectan”. Rozas comprometeuse a recuperar e mellorar os Orzamentos Participativos “aos que no pasado mandato chegamos a destinar un orzamento de 1,5 millóns de euros, e para os que recibiamos cada ano en torno a 300 propostas dos veciños e veciñas”. Explicou ademais que “os orzamentos son a principal ferramenta que teñen os Concellos para definir políticas públicas, e nós temos o convencemento de que a veciñanza debe ter capacidade de decisión sobre as contas e contribuír a fixar as prioridades no gasto”.

A candidata do BNG, Goretti Sanmartín, acompañada de Míriam Louzao e de Pilar Lueiro, visitou a sede de Cogami, para presentarlles as iniciativas que propoñen e tamén para recoller as súas propostas no ámbito da accesibilidade e inclusión laboral de persoas con diversidades funcionais. Segundo explicou Goretti Sanmartín, o BNG comprométese a buscar solucións aos problemas de mobilidade existentes para as persoas con diversidades, a comezar pola accesibilidade universal, para garantir o dereito de todas as persoas a usar transporte público e pasear pola cidade “porque é un valor que repercute en toda a sociedade”. Ademais, o BNG promoverá un programa de dotación de ascensores, accesibilidade universal en edificios e nas novas obras públicas, ademais de planificar un programa de accesibilidade con rebaixes de beirarrúas nos pasos de peóns, pintado de novos pasos de peóns e instalacións de marquesiñas de autobús con información máis lexíbel.

Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces propón abrir un Centro Interxeracional co nome de Anisia Miranda. Este espazo se situaría no edificio polivalente. Tamén se trasladaría aquí a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. O BNG explica que esta biblioteca precisa dunha dotación importante de material, maior visibilidade, xa que se atopa nos baixos do auditorio municipal, e ofrecer algo máis que o préstamo de libros. O centro disporá tamén de espazo para Ludoteca, cunha programación lúdica anual para todas as idades, con sala para videoxogos e aula de belas artes entre outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies