Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023
  • Teo
  • Xeral

Eleccións 23: Eloi Devesa será o candidato do BNG en Teo

O Bloque Nacionalista Galego de Teo elixiu Eloi Devesa como o candidato que relevará a Patricia Castelao trala renuncia, por razóns persoais, da concelleira.
eloi devesa candidato bng teo 24 febreiro 2023

Eleccións 23, 24 de febreiro – O Bloque Nacionalista Galego de Teo elixiu Eloi Devesa como o candidato que relevará a Patricia Castelao trala renuncia, por razóns persoais, da concelleira.

A candidatura de Devesa chega nunha das peores lexislaturas, no eido político, para o BNG de Teo. Patricia Castelao é a terceira voceira de esta lexislatura tras substituír a Manuel Barreiro que ocupara o posto deixado por Manuel Anxo Fernández.

Eloi Devesa non formara parte do primeiro tramo da lista que encabezara no 2019 Manuel Anxo Fernández. Ademais disto hai que engadir que ningún dos que o acompañan en ese primeiro tramo estiveron tampouco hai catro anos polo que a renovación é total, a tres meses das eleccións.

A decisión foi tomada por unanimidade da Asemblea Local e con ampla participación da militancia. No lugar, Devesa agradeceu a todas e todos o apoio recibido e a confianza amosada e afirmou sentirse moi orgulloso de pertencer á organización. Ademais, dedicou unhas palabras de agradecemento e os mellores desexos para a anterior candidata, que non asistiu.

Eloi Devesa é carteiro de profesión, licenciado en historia da arte e cun master en profesorado. Vive en Lucí onde hai uns días encargouse de organizar unha asemblea cos veciños pola polémica en torno ao uso que o concello quere dar a casa común. Esta reunión a convocou, segundo algunhas fontes, a título particular e non como político.

Devesa indicou estar seguro de que o BNG de Teo estará á altura do momento porque conta con “un equipo unido, forte, comprometido, capaz de afrontar as vicisitudes con naturalidade, con ganas de avanzar e ilusións para traballar”. Engadiu tamén que o proxecto segue adiante e a Asemblea continúa traballando con total normalidade, realizando o calendario previsto e as actividades programadas. Devesa estará acompañado na lista por Noelia Castaño de Reis, Oscar Antón Pérez e Almudena Taboada de Cacheiras, Marcelino Rey dos Tilos, Daria Segade de Calo e Irene Tato de Rarís.

Post navigation

Previous: Melide aposta pola colaboración entre concellos para a dixitalización do ciclo da auga
Next: Vedra acolleu a cita central das XXVII Xornadas arredor da Camelia

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.