займ срочно

Eleccións 23: cambios de última hora

0

Eleccións 23, 27 de febreiro – Non é habitual que se produzan cambios a cen días dunhas eleccións pero estas municipais comezan a ser algo pouco común en moitos casos.

Na bisbarra falase do cambio de candidato en Teo tras a renuncia de Patricia Castelao; da renovación no PP de ese mesmo concello… que non é tanta como veremos; de que en Vedra o Psoe ten dificultades para armar unha lista; da volta de parlamentario popular Ovidio Rodeiro a Boqueixón ou do inesperado xiro de timón no PP de Dodro, ordenado desde a cúpula. Situacións todas inesperadas hai un par de meses.

Dodro, cambios desde arriba

O PP de Dodro vive estes días unha crise interna que aínda está por ver en que quedará. Valentín Alfonsín Somoza perdeu a alcaldía hai catro anos, despois de gobernar o concello desde o 2011 ao 2019.

A Asemblea local de hai unha semana decidía que fose de novo o candidato pese a oposición de algúns membros. O venres o partido o substituía por Marisol Boga, un cambio que motivaba un considerable enfado de Somoza que o facía visible nas redes sociais. Lindeiros falaba con el este domingo para que nos contara, desde o seu punto de vista, que sucedera.

Somoza conta que o na reunión do luns Marisol Boga xa se posicionara en contra da súa candidatura pero que a agrupación local non a apoiou.

Preguntado por si pensa presentarse por outra formación, explica que serán os veciños os que terán que decidilo e que se debe a eles.

.

Cambios pero non tanto

Outro dos cambios de última hora foi o do PP de Teo, que levaba incluída sorpresa. Guerra deixaba o número 1 a Lucía Calvo pero co que ninguén podía contar e que fora de número 2, algo que a nova candidata anunciaba na presentación de este venres.

Un posto que, no caso de acadar a alcaldía e que a número 1 deixara por calquera motivo o concello, deixaría, en principio, a Guerra como alcalde.



Tamén en Teo a renuncia de Patricia Castelao a ser a candidata do BNG deixou a Eloi Devesa en ese posto. Unha vez coñecido quen a substituiría, Castelao renunciou ao posto de concelleira abrindo todo tipo de especulacións sobre as diferencias internas no partido. Devesa declaraba a Lindeiros que non cambia nada e o proxecto segue adiante

Sobre o pouco habitual que resulta, especialmente nun partido tan monolítico como o BNG, ter nunha lexislatura ata 4 voceiros, Eloi Devesa o achaca a motivos laborais e persoais nos que non pode entrar.

En canto ás posibilidades de cara aos comicios, o candidato nacionalista considera que poden loitar pola alcaldía.

Ata o 28 de maio pode pasar de todo en todos os concellos. Nas últimas semanas a bisbarra pasou dunha parálise electoral na que quedaban varios candidatos por decidir, a unha actividade frenética que meteunos de cheo en ambiente electoral. Estaremos atentos a todo o que suceda

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies