Eleccións 23, 10 de marzo – O PSdeG de Santiago presentou onte a lista coa que concorrerá ás eleccións do 28 de maio con Xosé Sánchez Bugallo como candidato.

A agrupación socialista aprobou nunha asemblea extraordinaria a lista de cara ás eleccións. O actual alcalde mantén nos primeiros postos a Mercedes Rosón, Mila Castro, Sindo Guinarte e Gonzalo Muíños e incorpora no número 3 a Xaquín Fernández Leiceaga.
Leiceaga xa fora concelleiro de facenda en Compostela tras a súa saída do BNG no ano 2002. Na actualidade é senador. Ë Doutor en economía pola USC e profesor titular de economía aplicada.
Desaparecen da lista nos primeiros postos a actual concelleira de deportes, Esther Pedrosa, e o concelleiro de educación Rubén Prol; este último moi cuestionado ao longo de toda a lexislatura.
Sorprende no posto número nove Antonio Bermúdez, xornalista de deportes na Cadena SER e persoa coñecida na cidade des hai moitos anos e fillo dun histórico do deporte e da radio da cidade. Bermúdez concorre como independente, a mesma condición que Isabel Gómez Cambón, procedente do tecido asociativo de A Gracia. Xunto antes del, no posto 8, incorpórase a enfermeira do CHUS Marta Álvarez.

Bugallo dixo que a lista está formada por xente “con experiencia de xestión” e “comprometida coa cidade por enriba de calquera sigla ou sentimento” e insistiu en que “o que nos importa é Santiago, as nosas veciñas e veciños, por enriba de todo”. De xeito testimonial pecha a lista a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela.
- Xosé Antonio Sánchez Bugallo
- Mercedes Rosón Ferreiro
- Xaquín Fernández Leiceaga
- Mª Milagros Castro Sánchez
- Gumersindo Guinarte Cabada
- Marta Abal Rodríguez
- Gonzalo Muíños Sánchez
- Marta Álvarez Vázquez
- Antonio Bermúdez Vaamonde. Independente.
- Isabel Gómez Cambón. Independente
- Aitor Bouza Manso
- Begoña Rodríguez Rodríguez
- Rafael Sexto Alende. Independente.
- Ana Carricoba Engroba
- Antonio Llovo Guillán
Pechando a lista:
- María Sesar Vázquez
- Joaquín Buergo del Río
- Pilar Cancela Rodríguez