Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023
  • Teo
  • Xeral

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

Rematamos esta serie de 5 preguntas sobre as eleccións, aos candidatos das tres vilas máis poboadas da bisbarra, en Teo.
5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r

Eleccións 23, 19 de maio – Rematamos esta serie de 5 preguntas sobre as eleccións, aos candidatos das tres vilas máis poboadas da bisbarra, en Teo.

Como nos outros dous artigos, son cinco preguntas que non coñecían previamente e son as mesmas para todos. As eleccións en Teo deixan a maior posibilidade de que o concello teña unha alcaldesa xa que só hai un home entre as formacións que teñen representación na actualidade.


Lucía Calvo – Partido Popular

Lucía Calvo de la Uz traballa como persoal eventual do PP no Parlamento de Galicia. No 2019 ocupou o número seis da lista liderada por Manuel Guerra polo que a súa designación como candidata foi unha sorpresa para moita xente. Máis sorpresa supuxo que Guerra continuara na lista como número dous cando o habitual é que o que se marcha vaia nun posto sen opcións de ser elixido. Defínese como boa xestora e en esta campaña está sendo apoiada desde o partido con primeiros espadas como Borja Sémper que acudiu ao acto de presentación.

Valoración da Lexislatura

Que precisa Teo

Que destaca da súa lista electoral

Primeira decisión realista que tomaría

O mellor e o peor como candidato

María López – Proxecto Común de Teo

María López é Licenciada en Bioloxía e funcionaria de Educación dende o ano 2010. Moi vinculada aos movementos ecoloxistas, foi responsable local da Asociación Verdegaia en Compostela. Proxecto Común substitúe á Son de Teo, a marea municipalista liderada no 2019 por Rafa Sisto, actual alcalde. Foi en esta lexislatura concelleira de lingua e mocidade e presentase cun proxecto propio que conta co apoio de Sisto e Martiño Noriega. Consecuencia de esta renovación algúns dos actuais concelleiros declinaron o convite para ir na lista liderada por María López.

Valoración da Lexislatura

Que precisa Teo

Que destaca da súa lista electoral

Primeira decisión realista que tomaría

O mellor e o peor como candidato

Uxía Lemus – Psoe

Uxía Lemus é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Doutora en Ciencia Política. Desde o 2007 é funcionaria de urbanismo en Oroso. Tras a caída e marcha de Jano Leís no lonxano 2011, no que o Psoe pasou de catro a un concelleiro, Uxía Lemus asumiu a dirección do partido e quedou como única concelleira socialista. Aproveitou o mandato porque catro anos despois duplicou o número de concelleiros, tendencia que se confirmou no 2019 conseguindo chegar aos 4 concelleiros e quedando por detrás de Son de Teo por un puñado de votos. Desde o 2015 e ata hai dous anos formou parte do goberno municipal grazas a un acordo con Son de Teo que foi rachado de xeito unilateral por Rafa Sisto e o seu grupo, un suceso sobre o que cada quen ten a súa versión sen que haxa un consenso xeral sobre as razóns.

Valoración da Lexislatura

Que precisa Teo

Que destaca da súa lista electoral

Primeira decisión realista que tomaría

O mellor e o peor como candidato

Eloi Devesa – BNG

Eloi Devesa, carteiro de profesión, foi o último en chegar xa en tempo de desconto. Patricia Castelao xa fora designada como candidata, e mesmo presentada polo BNG nun acto con Ana Pontón, cando renunciou por diferencias internas co partido a nivel local e xeral. O BNG tivo en esta lexislatura catro voceiros no concello, unha anomalía nun partido habitualmente estable. Devesa explicou desde o primeiro momento que nada cambiou e que a marcha de Castelao deveuse a razóns persoais. Máis a campaña trouxo unha nova polémica xa que colocaron pancartas 48 horas antes do comezo oficial, unha acción denunciada ante a Xunta Electoral polo PP. A Xunta Electoral comunicou ao BNG que debía retiralas e abriu un expediente sancionador aínda sen resolver.

Valoración da Lexislatura

Que precisa Teo

Que destaca da súa lista electoral

Primeira decisión realista que tomaría

O mellor e o peor como candidato

Post navigation

Previous: Eleccións 23: 5 preguntas Ames
Next: Brión entrégalle a Vicente Piñeiro o V Premio Laudamuco

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.