Eleccións 23, 17 de maio – Continuamos hoxe coa serie de 3 especiais dos tres concellos máis poboados da bisbarra. O pasado luns publicabamos o de Compostela e hoxe tócalle a Ames.

En Ames falamos con Blas García, actual alcalde e candidato socialista; Oliva Agra, candidata do Partido Popular; David Santomil, candidato do BNG; e Luísa Feijoo, candidata de Espazo Común.
Blas García – Psoe
O actual alcalde de Ames leva décadas vinculado ao Partido Socialista. Durante anos traballou na sede que o partido ten en Compostela, na que foi responsable de organización de Actos Públicos, Márketing e Acción Electoral. A súa chegada a Ames produciuse no2014 cando entrou como concelleiro, pese a non estar na lista do Psoe, cando renunciaron todos os membros da candidatura. NO 2015 concorreu co número 3 na candidatura de José Miñones, posto que repetiu no 2019. Coa marcha de José Miñones como Delegado do Goberno, Blas García accedeu ao cargo de alcalde polo que agora preséntase por primeira vez como candidato.

Valoración lexislatura
Que precisa Ames
Lista electoral
Primeira decisión que tomaría
O mellor e o peor como candidato
Oliva Agra – Partido Popular
Oliva Agra é unha histórica do Partido Popular de Ames e filla de José Manuel Agra, quen fora Primeiro Tenente de Alcalde con Xosé Astray de rexidor. Viviu os peores momentos do Partido cando Ramón García o abandonou para formar Pacto x Ames e no 2019 aceptou a volta do díscolo como cabeza de lista e o apoiou polo ben do partido. Catro anos despois chega buscando a unidade na formación e mesmo conseguiu integrar a José Ramón Oulego que desde o 2019 foi concelleiro por Ciudadanos. Oliva Agra é unha profesional independente que leva toda a vida no concello e buscará a estabilidade e o crecemento no PP amiense.

Valoración lexislatura
Que precisa Ames
Lista Electoral
Primeira decisión que tomaría
O mellor e o peor como candidata
David Santomil – BNG
David Santomil e Doutor en Xeografía e análises do territorio pola USC. Entrou no concello no 2015, eleccións nas que o BNG entro no goberno repetindo antigas alianzas co Psoe. Concelleiro de educación, a súa primeira lexislatura estivo marcada por bastantes enfrontamentos coas ANPAS por distintas cuestións. Pouco a pouco conseguiu marca unha liña de traballo que foi confirmada nas eleccións do 2019 cando o BNG pasou de dous a tres concelleiros e creceu en máis de mil votos. Unha tendencia que espera continuar nos comicios do 28 de maio.

Valoración Lexislatura
Que precisa Ames
Lista Electoral
Primeira decisión que tomaría
O mellor e o peor como candidato
Luísa feijoo – Espazo Común
Luísa Feijoo concurreu ás eleccións do 2019 polo Partido Socialista de Ames. Coa marcha de José Miñones como Delegado, e o acceso á alcaldía de Blas García, abriuse unha brecha na súa relación cos compañeiros. Unha situación que non mellorou ao coñecerse que non formaría parte da candidatura para as eleccións do 28 de maio. Este malestar rematou coa súa marcha para presentarse como número un por Espazo Común, partido de Pachi Vázquez, tamén antigo militante socialista. Feijoo acusou ao Partido Socialista de, trala marcha de Miñones, converterse nunha formación na que pesan máis as amizades que o traballo. Luísa Feijoo foi concelleira de Asuntos Sociais desde o 2015 e na actualidade ocupaba ademais o cargo de Primeira Tenente de Alcalde.

Valoración da lexislatura
Que precisa Ames
Lista Electoral
Primeira decisión que tomaría
O mellor e o peor como candidata