Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Eleccións 2027

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

Dificultades para formar listas, cambios de partido, loitas internas e externas... e aínda falta sete meses.

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026

Imaxen de Mohamed Hassan en Pixabay

Bisbarra, 13/10/2026 –  A medida que se acercan as eleccións municipais o ambiente electoral faise aínda máis presente en todos os concellos; a convocatoria de eleccións xerais para o 29 de novembro complicou aínda máis o escenario.

Algúns concellos ven as engranases da política moi de  cerca. A necesidade de ter unha lista configurada con tempo suficiente para unha campaña que se prevé longa está resultando complicada de resolver para algúns como o PP de  Melide.

Todo comeza cando hai dous meses a que fora alcaldesa co PP, e ata ese momento cabeza da oposición, Dalia García Couso, dimite por razóns persoais e con ela faino tamén Carlos Mosteiro.

Quedan na corporación  Antonio Romero, Aurora Fernández, Cristina Castro e Jairo Rodríguez. No pleno do pasado 8 de outubro tiñan que incorporarse Pablo Costoya e Raquel Rúa; esta última concelleira non presenta a documentación correcta e só se incorpora Costoya.

Pero as desgrazas nunca veñen soas e en esa mesma sesión Jairo Rodríguez dimite polo que o Partido Popular de Melide volve a ter que buscar dos concelleiros para ocupar os ocos libres.

Paralelamente o Partido Popular presentaba a Asier Polo como candidato a alcaldía nas municipais do vindeiro ano. Un home de partido pero que nin sequera formara parte da lista popular no 2023.

Entrevistas con políticos, valoracións e novas de cara ás eleccións municipais de maio do 2027. https://lindeiros.net/category/eleccions-2027/

Rianxo

Melide non é o único con partidos que se posiciona xa de cara ás municipais.  O PSdeG ven de incorporar a dous candidatos de partidos nados das antigas mareas. Julio Bustelo, actual alcalde de Rianxo, presentouse no 2019 por Rianxo en Común acadando dous concelleiros; no 2023 alcanzou as cinco actas. Agora será o candidato socialista tras chegar a un acordo co PSdeG.

Nas súas redes sociais Bustelo explicaba “Damos un paso adiante para configurar unha candidatura capaz, non só de gañar as vindeiras eleccións municipais, senón de facelo cunha maioría que nos permita seguir transformando Rianxo”.

A Pobra

Algo parecido sucede na Pobra. Xosé Carlos Vidal, actual alcalde, presentouse no número 3 de Nós Pobra no 2023. Ras as eleccións os dous primeiros postos das listas, Xosé Lois Piñeiro e Genoveva Hermo, renuncian ás actas e Vidal pasa a ser o alcalde e cabeza visible de Nós Pobra. Agora deixa o partido para incorporarse ao PsdeG como candidato no 2027.

Aquí a transición non será tan doada xa que nós Pobra sacou un comunicado pedindo que dimita e devolva a acta de concelleiro. No comunicado piden que “Por respecto, calidade democrática, a ética política e a coherencia máis elemental, solicitámoslle formalmente a Xosé Carlos Vidal Suárez a entrega inmediata da súa acta de concelleiro e a súa renuncia ao cargo de alcalde».

Para Nós Pobra a súa marcha ao PSdeG “a súa marcha desvirtúa por completo o goberno municipal, xa que o que se está a perder, de xeito ilexítimo, é a propia alcaldía de Nós Pobra, alterando a maioría e o equilibrio de forzas que a veciñanza elixiu para rexer o Concello”.

A situación socialista

O PsdeG está apostando , como vimos de contar, por candidatos fora da estrutúraa do partido e nas eleccións do 29 de novembro, aínda que municipais e xerais son moi distintas, poderase ver si a tendencia é positiva.

O certo é que na bisbarra hai opinións para todos os gustos e desde os problemas de Santiago ata o malestar amosado en algunhas ocasións por alcaldes como o de Brión ou o de Ames, obrigan aos socialistas a mostrar estabilidade e unión.

Polémicas como a do concello de Padrón, por uns antigos supostos mensaxes nas redes do actual alcalde, Anxo Rey, insultado a Pedro Sánchez; todos os cambios no grupo parlamentario coa chegada de Besteiro, ou a xa mencionada guerra interna no PSdeG de Compostela terán que ser superadas antes de maio.

Post navigation

Previous: Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa
Next: Centilitrosmetrocadrado, gañadores do premio “Luis Seoane” de deseño da Deputación

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.