Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • eleccions 2023

Eleccións 23: promesas e denuncias

Quedan días para que comece a campaña electoral e os partidos poñen todo sobre a mesa , sobre todo promesas
eleccions-slide-4_r

Eleccións 23, 8 de maio – Quedan días para que comece a campaña electoral e os partidos poñan todo sobre a mesa pero xa nas últimas semanas o número de promesas vai crecendo ata unha certa irrealidade.

Ao mesmo tempo a Xunta electoral xa tivo que poñerse o traxe de arbitro e advertir de que está permitido e que non. Denuncias que, por chegar despois dos sucesos, serven sobre todo como munición de campaña.

Un circuíto de velocidade

Todos os partidos en todos os concellos comezaron a mostrar promesas electorais que van do habitual ao esperado e, en ocasións, ao sorprendente. Compostela é a que vive unha loita máis activa e todo entra en liza.

De entre todas as propostas a máis sorprendente é a do partido veciñal Por y Para Santiago. Na primeira propaganda enviada aos domicilios anuncian a construción dun “circuito de carreras de 300.000 m2 para coches, motos, karts y otros deportes”. O partido do candidato Ángel Jiménez explica que traerá un turismo non estacional que servirá de fluxo de inversión ao longo de todo o ano.

O circuíto galego de velocidade foi unha idea na que a Federación Galega traballou durante moito tempo sen chegar a realizarse. O máis próximo foi unha proposta de construción ao carón do recinto da Semana Verde que pese a contar co apoio da Xunta nunca se levou a cabo.

Denuncias

Por outra banda a Xunta Electoral xa tivo que poñerse a traballar. Hai unha semana advertiu ao Psoe de Santiago por unha carta, enviada desde o concello, explicando as melloras do servizo de recollida de lixo.

Compostela Aberta o denunciou xa que a cata estaba asinada polo alcalde e cos logotipos oficiais do concello. A Xunta electoral doulle a razón e advertiu de que abrirá expediente sancionador de repetirse o envío.

Desde o Psoe explican que a carta enviouse dentro dos prazos legais pero un retraso de correos na entrega foi o que provocou que chegara xa en precampaña.

Vila de Cruces

En Vila de Cruces o BNG denuncia irregularidades na entrega das notificacións das mesas electorais. Foi o propio Tenente de alcalde do equipo de goberno o que as entregou explicando que non hai funcionarios suficientes para facer ese traballo.

O BNG pide que se actúe segundo marca a lei, xa que se incumpriron os prazos de entrega, e nalgúns casos se entregaron as notificacións a persoas que non son as propias interesadas, ademais de non ter entregado o manual. Isto pode supoñer un problema o día das eleccións, porque pode haber xente que non teña coñecemento de estar notificada.

Post navigation

Previous: Los Inhumanos están no Festival Motorock en Melide
Next: As camelias de Vedra entran no catálogo de árbores senlleiras

Máis novas

eleccions slide 2
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: Resumo da xornada electoral na bisbarra e voces dos protagonistas

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r
2 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: Compostela terá unha alcaldesa

Publi Eleccions 23 _medio web_maio 2023
3 minutes read
  • Compostela

Eleccións 23: xornada electoral

eleccions-slide-4_r
3 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: todo vale?

compostela-aberta-acto-central-slide-24-maio-2023_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23 : Compostela Aberta e BNG celebran actos centrais en Compostela

Debate-electoral-SER-slide-23-maio-2023_111013_r
2 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23, debate sobre debates

5-preguntas-Teo-slide-19-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Teo

5-preguntas-Ames-slide-17-maio-2023_r
4 minutes read
  • eleccions 2023

Eleccións 23: 5 preguntas Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.