займ срочно

Eleccións 23: o BNG de Ames presenta a David Santomil e renuncia Patricia Castelao que se ía presentar en Teo

0

Eleccións 2023, 20 de febreiro – O candidato do BNG de Ames nas videiras municipais, David Santomil, mantivo un encontro a pasada semana cos medios de comunicación. Tres días despois coñecíase a renuncia de Patricicia Castelao que se presentaba por Teo.

As vindeiras eleccións municipais acércanse cheas de incertezas. Hai candidatos, de distintas formacións, que aínda non están decididos e outros decidíronse hai só uns días. O caso de Patricia Castelao é inédito a tres meses das eleccións e contrasta co optimismo de David Santomil no concello limítrofe de Ames.

David Santomil comeza con forza

David santomil presentouse ante os medios de comunicación cos deberes feitos. Cun discurso claro, coa data do primeiro acto xa fixada e, aínda que optimista, cunha certa prudencia que dado o contexto non está de máis.

O candidato explicou que o obxectivo é ser a lista máis votada e frear o crecemento do Partido Popular que se está a producir en distintos lugares. Santomil engade que, sen subestimar ao PP, son unha alternativa en Ames a outras formas de gobernar

Unha das claves en este concello pode ser a marcha de José Miñones á Delegación do Goberno que levou a Blas García a ocupar o cargo de alcalde. David Santomil considera que tras unha situación de “interinidade” todos parten de cero pero que as sensacións son boas para o BNG

O candidato explica que basearon sempre o seu traballo nos feitos. Preguntado polo caso concreto da humanización do Milladoiro, Santomil lembra que non hai orzamentos para esa infraestrutura e advirte de que os teóricos nove millóns previstos poden ser moito máis como xa sucedeu co novo colexio

Sobre o colexio

dixo que se trata dunha infraestrutura na que levan traballando dende hai anos e que, por fin, vai ser unha realidade, que vai satisfacer unha demanda que responde, ademais, a que Ames sexa o único concello de Galiza no que medra en natalidade. Lembrou que estes datos demográficos son posibles, precisamente, grazas en boa medida ás políticas de conciliación postas en marcha desde os departamentos xestionados polas concellerías nacionalistas, como os comedores escolares, cun modelo de xestión sostible, ademais, referente para outros moitos concellos do País.

David Santomil presentará a súa candidatura nun acto que se celebrará o vindeiro día 24 na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das oito e media da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies