Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • eleccións 2019
  • Xeral

Eleccións 2019: O PP presenta en Ames 13 das candidaturas da bisbarra

20181004_214821-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 5 de outubro do 2018 – O PP chegou a Ames nun xesto que abalou a unidade acadada no concello e a puxo como primeira pedra da campaña das eleccións municipais.
    • Festa pero non tanta

Ames, 5 de outubro do 2018 – O PP chegou a Ames nun xesto que abalou a unidade acadada no concello e a puxo como primeira pedra da campaña das eleccións municipais.

No acto que tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro falouse da importancia da unidade e púxose como valor fronte ao resto de partidos. Chegouse a dicir que só o Partido Popular era capaz de reunir nun só espazo a tantos alcaldes xa que o resto de formacións non son capaces de que se senten a mesa.

O certo é que o PP comeza a campaña cara as Eleccións 2019 cos deberes feitos e, se non cambia, cunha idea clara do que quere transmitir. Non é só Ames, Padrón integrou ao Partido Galeguista e o partido ten as portas abertas para que Terra Galega faga o mesmo en Santa Comba. A sensación que queda e que o partido busca afianzar o que ten e recuperar as bases, máis alá de que se consiga alcanzar alcaldías; como todos son conscientes de que as maiorías absolutas custan cada vez máis.

Diego Calvo cos candidatos as alcaldías nas Eleccións 2019
Diego Calvo cos candidatos as alcaldías nas Eleccións 2019

Festa pero non tanta

O acto foi moi sinxelo, nada que ver con outras épocas. Evaristo Ben, vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, foi presentado aos candidatos que, tras dicir unhas palabras, sentaban nunha das esquinas do escenario. Por orden alfabético, aínda que deixando aos anfitrións para o final, pasaron o actual alcalde de A Baña, Andrés García; María Fariña anova candidata de Brión que dixo atopar a motivación no feito de que fai pouco foi nai; Manuel Fernández de Boqueixón; o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín, que ademáis de presumir de ter un dron no concello dixo que “na oposición pásase moito frío pero apréndese moito”; Rubén Suárez que será o candidato en Negreira e que agradeceu ao actual portavoz na vila, Juan Rey, a xenerosidade para completar o relevo; Juan Angueira alcalde de Padrón, que agradeceu ao Partido Galeguista a integración e o traballo; Ramón Tojo de Rois, que lembrou a necesidade de traballar en conxunto para conseguir a Deputación; María Pose, actual alcaldesa de Santa Comba; Agustín Hernández de Santiago quen dixo que situación de cara aos comicios é moito mellor que hai catro anos; José Manuel Guerra de Teo que falo en clave moi local, criticando duramente o que se fai na súa vila e chegando a dicir ” deixan sen cartos as nosas asociacións e van todos para Chevere”; José Manuel Varela que será o candidato en Val do Dubra, que dixo que naceu alí, criouse alí e traballa alí e que por iso quere ser alcalde; Carlos Martínez Carrillo de Vedra que subiu a aposta e dixo que conseguirían algo nunca visto en Vedra, en corenta anos de democracia nunca se repetiu unha maioría absoluta e o ían a facer; e finalmente Ramón García Argibay de Ames.

Ramón García foi recibido con gritos de “alcalde, alcalde”. O seu primeiro recordo foi para Alfonso Rey, concelleiro falecido que vivira ao seu carón a creación de Pacto x Ames e que sempre quixo volver ao Partido Popular cando se deran as circunstancias precisas. O seguinte foi agradecer a xenerosidade de Oliva Agra, algo feito en varias ocasións ao longo do acto polos que ían intervindo. Finalmente Argibay dixo que ia ser complicado porque diante tiñan xente sen valores aos que non lles importaba nada.

Ramón García cos candidatos as alcaldías nas Eleccións 2019
Ramón García cos candidatos as alcaldías nas Eleccións 2019

Pechou o acto Diego Calvo, secretario provincial quen dixo que sobre todo os candidatos que alí estaban eran boas persoas. Falou novamente de unidade e animou a todos de cara aos próximos 8 meses.

Un acto que pon en marcha a maquinaria electoral do PP na bisbarra e deixa un pouco na sombra ao resto dos partidos, veremos quen é o seguinte en moverse.

Post navigation

Previous: Só o noso crítico de cine, Mandingo, e capaz de levarnos dos Países Baixos a Karate Kid
Next: O goberno de Ames incumpre o acordo de orzamentos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.