Arzúa, 3 de marzo do 2022 – O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa abre hhoxe a programación de actividades asociadas á festa do Queixo de Arzúa.
O EFA Piñeiral colabora un ano máis coa Festa con accións divulgativas para poñer en valor as distintas áreas que imparte. A partir das 13 horas de hoxe xoves este ciclo de actividades ábrese cunha mesa redonda coas queixerías arzuáns Barral, Galmesano e Verbas e os retos e posibilidades de este sector.
A partir de mañça venres as instalacións da Efa Piñeiral acollerán a mostra “2012-2022, 10 anos de arte e publicidade no cartelismo da Festa do Queixo”. Unha exposición na que disfrutar dos carteis anunciadores da última década comentados polo alumnado dos ciclos de comercio e márketing. Tamén se poderá ver a réplica doce que do actual cartel anunciador realizaron os alumnos do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría.
A inauguración desta exposición, ás 13 horas, correrá a conta do deseñador arzuán Daniel Camino, gañador noutras edicións do primeiro premio do certame de cartelismo da Festa do Queixo.
Esta exposición ten xa confirmada a visita tanto de centros educativos, como de asociacións e particulares. As familias que acudan con cativos, de entre 3 a 12 anos, poderán coñecer a exposición mentras que os nen@s participan en obradoiros co alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral. Todas as actividades e obradoiros son de balde.
A Efa Piñeiral estará tamén presente no recinto feiral con stand propio para achegar ós locais e visitantes unha escolla das elaboracións do alumnado do ciclo formativo de panadaría, repostaría e confeitaría, ademáis de demostracións a cargo do alumnado na que se decorarán “Galetras”, unha proposta doce do centro na que o queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa cobra especial protagonismo. No stand da Efa Piñeiral expoñerase tamén outra versión da tarta réplica do cartel anunciador do evento.
“Nesta edición tan especial, a Efa Piñeiral, como centro de formación profesional e promoción rural, sumámonos á Festa do Queixo para colaborar no que mellor sabemos facer, propostas formativas e divulgativas nos eidos do comercio, do marketing, da valoración do produto e da gastronomía.
Accións orientadas a valorizar o produto, a fomentar relacións entre profesionais e a xerar foros de formación que confluan en propostas de mellora e promoción do noso territorio e da súa riqueza.”, afirma Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral.