Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Ecobosque de Conxo recupera a ponte do Psiquiátrico

O proxecto do Ecobosque do Banquete de Conxo amplíase coa recuperación da ponte do Psiquiátrico

compostela ecobosque conxo 1 7 xaneiro 2026 SLIDE

O Bosque do Banquete de Conxo é unha das xoias da diversidade de Compostela e os traballos de recuperación abarcan distintas áreas. Ademais do mantemento do que hai, elimínanse especies invasoras e, como agora sucede, recupérase patrimonio.

En este caso trátase da antiga ponte do Cemiterio do Psiquiátrico. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, vén de visitar o ámbito para coñecer o acondicionamento de novas pontellas e miradoiros na zona máis próxima ao Carballo de Conxo.

O proxecto do Ecobosque permitiu recuperar a antiga ponte do Cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo, construída arredor do ano 1900 e que permaneceu máis de 40 anos agochada baixo unha lousa de formigón colocada durante as obras do Hospital Provincial de Conxo para soportar o tráfico pesado.

A actuación actual permitiu retirar ese engadido e devolverlle á ponte o seu aspecto orixinal, recuperando a altura inicial do taboleiro e poñendo en valor a súa estrutura histórica, sempre con respecto polos materiais e pola configuración coa que foi construída.

Ademais, xa están ultimadas as novas pontellas sobre o río, novas pasarelas de madeira para facilitar o acceso ao paseo desde a rúa de Ramón Baltar, e tamén un miradoiro á altura do Carballo de Conxo. Estas actuacións forman parte dunha das liñas de acción do proxecto do Ecobosque para mellorar a conservación do Carballo de Conxo

O proxecto do Ecobosque do río Sar busca recuperar e poñer en valor o Bosque do Banquete de Conxo e o ecosistema fluvial do río Sar, e conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, cunha achega de máis de 870.000 euros de fondos europeos Next Generation.

Ao seu abeiro, realizáronse nunha primeira fase un estudo hidrolóxico e un inventario do ecosistema fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo, dous documentos que avalaron a riqueza da zona e que serviron de base para as actuacións posteriores.

Entre elas, puxéronse en marcha campañas para a eliminación de especies invasoras como a tradescantia e o bambú, plantáronse especies autóctonas, moitas delas de maneira participada a través do método das bombas de semente; ou aprobouse un plan de gobernanza e participación co obxectivo de implicar activamente á veciñanza e fomentar a transparencia e a corresponsabilidade nas accións ambientais vinculadas a ese proxecto.

Post navigation

Previous: Segue chovendo en Santiago
Next: Teo comeza o ano preocupado pola seguridade

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.