O Pino, 12 de xullo do 2019 – O concello de O Pino celebrou onte o pleno de organización no que o equipo de goberno terá dúas dedicacións exclusivas.
As dedicacións serán asumidas polo alcalde, cun soldo de 40.000 euros brutos, e a concelleira de Educación e Cultura, que cobrará 20.605,06 euros brutos. En ambos os dous casos terán catorce pagas e o concello farase cargo da seguridade social.
Un dos momentos que máis debate xerou foi o da hora de celebración dos plenos e a periodicidade. A oposición reclamaba que fora mensual, non trimestral,e que se fixara as oito da tarde ou, como mal menor, que se mantivera as 13 horas como na anterior lexislatura. O alcalde decidiu cambiar a hora as dez da mañá e argumentaba que aos veciños o que menos lles importa é a hora a que se celebren
Asignacións e comisións
En outro orden de cousas o pleno comunicou a formación dos distintos grupos políticos e aprobou a creación da Xunta de Goberno Local que queda integrada polo alcalde e os concelleiros José Manuel Carreira, Gerardo Pintor e José Fuentes que, tamén por esta orde, ocuparán as tenencias de alcaldía. Esta Xunta reunirase cada quince días, e nos casos extraordinarios que decida o alcalde, e os asistentes terán unha asignación de 200 euros por sesión. Esta cantidade foi moi criticada pola oposición que considera que unha subida dos 120 euros da anterior lexislatura a estes 200 é excesiva e supón un soldo encuberto.
Asignación a grupos políticos
Nesta lexislatura tamén haberá unha asignación anual para os tres grupos políticos da Corporación (PP, PSdeG e BNG), que será de 300 euros fixos, máis outros 800 euros anuais por cada concelleiro integrado no mesmo. Tamén se autorizaron as indemnizacións por asistencias a plenos que serán de 120 euros.
Representantes e delegacións
Nomeáronse así mesmo os representantes do concello nos órganos colexiados, quedando Eva Varela como representante no consello escolar do CPI Camiño de Santiago; e o alcalde, Manuel Taboada, no GDR Ulla-Tambre-Mandeo, na Asociación de Municipios del Camino Francés e na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.
Polo que respecta a distribución de áreas de goberno, a proposta da alcaldía foi distribuílas do seguinte xeito:a seguinte:
- Eva Varela Gago: Aárea de Educación e Cultura: Eva Varela Gago
- José Manuel Carreira López: Área de Infraestruturas e Medioambiente, e área de Parques e Xardíns.
- Mercedes Vázquez Rodeiro: Área de Benestar Social, Muller, Familia e Xuventude.
- Gerardo Pintor Gómez: Área de Sanidade e Medio Rural.
- José Fuentes Barreiro: Área de Emprego e Promoción Económica.
- Manuel Taboada Vigo: Áreas de Urbanismo, Deportes, Facenda, Persoal, Turismo e Camiño de Santiago.