Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vila de Cruces

O proxecto Dragal leva obradoiros de toponimia aos centros participantes

xunta linguistica obradoiros de toponimia slide 30 de marzo do 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 30 de marzo do 2017 – O alumnado de primeiro da ESO do IES Marco do Camballón do concello pontevedrés de Vila de Cruces participou nun dos obradoiros destinado a apoiar o estudantado nas tarefas de pescuda arredor do patrimonio inmaterial galego que se desenvolve no marco da cuarta edición do Proxecto Dragal, un programa interdisciplinario de dinamización lingüística, de animación á lectura, á creación e á investigación en galego.
    • Proxecto Dragal
    • Tradición 2.0.
    • Toponimia e patrimonio

Compostela, 30 de marzo do 2017 – O alumnado de primeiro da ESO do IES Marco do Camballón do concello pontevedrés de Vila de Cruces participou nun dos obradoiros destinado a apoiar o estudantado nas tarefas de pescuda arredor do patrimonio inmaterial galego que se desenvolve no marco da cuarta edición do Proxecto Dragal, un programa interdisciplinario de dinamización lingüística, de animación á lectura, á creación e á investigación en galego.

Durante a sesión do obradoiro, impartido por Vicente Feijoo, do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, o alumnado tivo oportunidade de achegarse ao coñecemento da súa contorna, á historia dos seus antepasados e da súa lingua e á literatura popular a través da toponímia do seu concello. Neste labor, empregáronse diferentes ferramentas informáticas, como o web de consulta do Nomenclátor de Galicia, o buscador de topónimos do web Toponimia de Galicia e diferentes aplicacións para facer relatos, curtametraxes etc., así como de coñecer en primicia a aplicación colaborativa para móbiles que está elaborando a Xunta para facilitar a localización e rexistro colectivo de microtopónimos.

Os obradoiros de toponimia do Proxecto Dragal inícianse este mes no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, continuarán en abril no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e estarán en maio no CPI de Castroverde e mais nos IES Antonio Fraguas Fraguas de Santiago e Maximino Romero de Lema de Zas.

Proxecto Dragal

O Proxecto Dragal, cuxa cuarta edición está en marcha en seis centros de ensino secundario das catro provincias, é unha experiencia multimedia e multidisciplinar, con base na novela homónima de Elena Gallego Abad, pensada para animar o estudantado de 1º de  ESO a ler, a crear e a investigar en galego.

Tras a lectura da novela, o alumnado participante -dragaliños e dragaliñas da Fraternidade de Dragal- elaborou vídeos de presentación para o resto dos centros que interveñen no proxecto e decorou o seu instituto con motivos relacionados cos dragóns e cabaleiros de que se fala na narración de referencia.

En xaneiro e febreiro, o estudantado recibiu a visita da escritora Elena Gallego, que lle falou do labor de investigación e de documentación previa que require a escrita dunha novela, das razóns que a moveron a escoller a temática dos dragóns para a súa triloxía Dragal e da análise dos elementos da cultura galega nas que estes seres fantásticos están presentes.

Tradición 2.0.

Ademais dos obradoiros de toponimia, neste momento estase desenvolvendo tamén a actividade Tradición 2.0., a cargo do actor César Cambeiro. Trátase dun espectáculo de contacontos en clave de humor que recrea lendas tradicionais co obxectivo de poñer en valor o patrimonio inmaterial galego e de motivar o alumnado a indagar no mundo máxico que lles abriu as portas a través da novela “Dragal”.

Está previsto rematar as actividades do proxecto en xuño cun xogo de rol no Pico Sacro, lugar lendario cun importante papel na novela de Elena Gallego, onde se encontrarán todos os dragaliños e dragaliñas que participaron este ano nas actividades.

Toponimia e patrimonio

A toponimia é a disciplina que estuda os nomes propios de lugares (poboacións, ríos, montes, leiras…), a súa orixe e evolución. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere poñer en valor este patrimonio e fomentar no alumnado o interese por el partindo dos lugares que os rapaces e rapazas teñen máis próximos, os dos seus concellos.

O Proxecto Dragal forma parte das liñas de traballo da Consellería de Cultura e Educación para promover o uso do galego no ensino, xunto coas axudas aos equipos de dinamización da lingua galega, os proxectos de innovación en dinamización lingüística ou o programa Nós tamén creamos!, entre outros. Pódese atopar información sobre todas estas convocatorias e programas no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.lingua.gal.

Post navigation

Previous: Silleda aforrou nos últimos tres anos 900.000 euros
Next: Os equipos de fútbol sala das EDM de Ames gañan 3 das catro finais da Liga local

Máis novas

vila de cruces barcaza de portodemouros 14 outubro 2025
3 minutes read
  • Arzúa

Seguen os problemas coa barcaza de Portodemouros

via de cruces bng vertidos deza SLIDE 9 setembro 2025
2 minutes read
  • Vila de Cruces

Denuncian os continuos vertidos no río Deza

mina-touro-rolda-prensa-slide-14-novembro-2018_r
3 minutes read
  • Arzúa

A Mina de Touro revive

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

val-do-dubra-novo-servizo-de-estimulacion-slide-9-abril-2024_r
2 minutes read
  • Axenda

Val do Dubra terá servizo de estimulación para persoas con demencia

preocupacion-do-ulla-polas-macroplantacions-de-vide-slide-27-novembro-2023_r
3 minutes read
  • A Estrada

Preocupación no Ulla polas plantacións intensivas de D.O. Rías Baixas

adega-dia-das-montanhas-a-banha-slide-normal-12-decembro-2022-(2)_r
3 minutes read
  • A Baña

Novas manifestación en contra dos proxectos eólicos

vila-de-cruces-descontrol-no-gasto-slide-11-novembro-2022_r
1 minute read
  • Vila de Cruces

Denuncian o abandono da Casa da Carixa en Vila de Cruces

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.