Unha cerimonia entre o teatro e a recuperación de teóricas vellas prácticas aos pes do Pico Sacro. O Lume Sagrado recollerase directamente do sol imaxinando prácticas celtas.

O Pico Sacro de Boqueixón acollerá a Cerimonia do Lume Sagrado, paralizada durante a pandemia e que se recuperou o ano pasado. O vindeiro domingo 22 de xuño, ás 13:00 horas, o monte ilicino acollerá unha encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol.
O acto do contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita, de Sergude. Todas as persoas que desexen participar activamente na cerimonia poden solicitar os traxes de época inscribíndose antes do venres 20 de xuño no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.
A celebración da cerimonia está condicionada á meteoroloxía. De feito, tras o parón provocado pola pandemia, esta tradición non puido celebrarse ata o 2024 debido a coincidir con fortes choivas. Ademais, todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán, poderán levar unha candea ou un farol ao Pico Sacro para recoller o lume sagrado.