Compostela, 30 de xullo do 2017 – O domingo chega máis ben relaxado antes da xornada final das Festas do Apóstolo 2017.
As actividades comezan coa sesión vermú na praza de Cervantes a cargo da Ukestra do Medio e continuan coa penúltima sesión de Monicreques en ruta con Valle-Inclán.
Tamén hoxe domingo desde as 14:00 e ata as 22:00 horas, en Tras San Fiz de Solovio, a Festa Dub con Mais Lume Kolektive e Guadaridub.
A Banda Municipal de Música actuará na praza da Quintana con Treixadura e Cantigas e Agarimos a partir das 22:00 horas. As invitacións para ver o espectáculo en cadeira xa están esgotadas, pero igualmente pode accederse á Quintana para ver o concerto de pé ou dende as escaleiras da propia praza.
Finalmente, o Toural acolle o concerto Nastasia Zürcher e o Beat Trio cunha interesante mestura de blues e funk.