займ срочно

Dodro denuncia a negativa da Xunta a arranxar o polideportivo municipal

0

Bisbarra, 23 de xaneiro do 2023 – O concello de Dodro denuncia a negativa da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia a solucionar os problemas do pavillón polideportivo municipal.

Desde o concello explícase que o pasado día 10, o concelleiro de Educación, Deportes e Emprego, Abel Tarrío, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoám Xosé Vicente Franco, mantiveron unha reunión co Secretario Xeral, José Ramón Lete. O encontro, o terceiro nos últimos anos, tiña como obxectivo conseguir apoio económico para arranxar as cubertas do polideportivo municipal de Dodro.

A instalación, con 25 anos de antigüidade, atópase en moi mal estado. O custo, avaliado por un estudo técnico contratado para este tema, alcanza os 128.3139,79 euros. A proposta dos concelleiros ao Secretario Xeral supoñía unha inversión por parte do concello de algo máis de 55.000 euros, con cargo ao POS+ 2023 da Deputación. A Xunta só tería que aportar 72.000 €, un 56,8%.

A proposta de Dodro foi rexeita pese a que convenios como este foron asinados en multitude de concellos ao longo dos últimos anos. Lete emprazou aos concelleiros a presentarse a unhas subvencións de concorrencia competitiva. Ditas axudas sairían, segundo o Secretario Xeral, nun futuro, sin concretar data.

O concello de Dodro denuncia a discriminación que supón esta negativa. Explica as dificultades dun pequeno concello para afrontar por si só inversións de este calibre. O pavillón polideportivo de Dodro, engaden, é unha instalación fundamental do concello e seguirán buscando fórmulas de financiamento para arranxala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies