Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro garante a limpeza en tódalas solicitudes de licenza

dodro conflito matadero del sar slide 17 novembro 2025

O goberno municipal defende a limpeza en tódolos procesos de concesión de licenzas “ante as falsas informacións, difundidas polo grupo político Unidade Veciñal de Dodro”.


A concesión dunha subvención de máis dun millón de euros a unha empresa cárnica de Dodro ven de desatar unha tormenta política. O grupo Unidade Veciñal de Dodro asegura nas súas redes que a empresa recibe a axuda “sen licenzas de obras do concello”.

Estas publicacións levaron ao goberno municipal de Dodro, socialista en minoría, a emitir un comunicado para desmentir e aclarar a situación. O equipo de goberno garante no comunicado a “limpeza en tódalas solicitudes de licenza”.

Di tamén que “a empresa Matadero del Sar, S.L. ten solicitado nos últimos meses distintos permisos de obra con distintas finalidades. Todas as licencias seguiron as canles e os procedementos habituais e a empresa pagou os impostos e taxas correspondentes. Algunha destas solicitudes está aínda sen resolver”.

Lembra ademais que os investimentos vinculados á concesión da axuda “non teñen que ser, como pretende dar a entender UVD, unha única obra e poden incluír a compra de maquinaria, mobiliario ou outro tipo de bens non suxeitos a canons municipais”.

Pódese sinalar que a propia natureza da axuda obriga a unha transparencia absoluta, unha contabilidade específica que reflicta unicamente o uso dos fondos e a presentación de toda a documentación precisa. Se parte dos fondos son destinados a unha obra, a empresa terá que presentar a licenza correspondente ou a solicitude da mesma.

Publicación que motivou a polémica

O gobernó de Dodro defende por outra parte “que o investimento total da empresa Matadero del Sar SL en Dodro pretende alcanzar os 3.728.407,83 € polo que é de destacar que a parte privada é moi superior á pública”.

Finalmente pídenlle a Unidade Veciñal de Dodro que “non siga o camiño doutros grupos e se informe antes de publicar bulos que prexudican, máis ca ao grupo político que goberna, ao concello e a imaxe de rigor que calquera institución pública debe ter”.

Post navigation

Previous: Ames leva a pleno un novo suplemento de crédito
Next: Compostela volve a ter un Museo de maxia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.