Bisbarra, 9 de xaneiro do 2023 – O concello de Dodro ven de rematar a sinalización do roteiro “Pensa Nao”, nado a partir da novela do mesmo título de Anxo Angueira.
Pensa Nao acadou o Premio Xerais de Novela no 1999. Anxo Angueira busca en esta novela ver a aldea desde unha perspectiva distinta. A obra narra a biografía colectiva de Sernanselle, aldea de Dodro Vello. Desde aquí se unen as Brañas de Laíño e o río Ulla.

A obra está ambientada nos anos da República e conta a historia dos habitantes da aldea. Trátase dunha época na que a modernización do mundo labrego conviviu coa emigración e cos traballos tradicionais. Unha narración que describe como todo é esmagado polo alzamento fascista.
O roteiro “Pensa Nao” foi financiada por Turismo da Deputación da Coruña e realizado por Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega que percorre os lugares dos protagonistas da novela. Un camiño circular que pasa polas aldeas de Manselle, Imo e Castro e tamén visita o petróglifo da Devesa e Bouza Badín e o Castro de Bexo, miradoiros, fontes, muíños, hórreos etc.
O roteiro pódese seguir en wikiloc no seguinte enlace.